InicioCULTURAO Congreso Galaico-Lusitano de Historia da Medicina comeza en Santiago coas intervencións...

O Congreso Galaico-Lusitano de Historia da Medicina comeza en Santiago coas intervencións de expertos internacionais

O evento, organizado pola USC e a Real Academia de Medicina de Galicia, abordará temas como a gripe de 1918 e a cirurxía prehistórica

Publicado o

Xornal de Compostela

Entre os días 2 e 4 de outubro, Santiago de Compostela acolle o Congreso Internacional Galaico-Lusitano de Historia da Medicina, un evento organizado pola Universidade, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e a Real Academia de Medicina de Galicia. O congreso reunirá expertos de Galicia e Portugal para analizar distintos aspectos da historia da medicina desde unha perspectiva internacional.

A apertura oficial terá lugar o 2 de outubro ás 18:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, coa conferencia inaugural a cargo da profesora Amélia Ricon-Ferraz, da Universidade do Porto, titulada ‘A evolução dos instrumentos cirúrgicos nas páginas dos catálogos de especialidade’. A asistencia ao acto será de acceso libre ata completar o aforo.

Os días 3 e 4 de outubro, as restantes sesións do congreso trasladaranse ao Auditorio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, onde se abordarán temas como a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, as curacións relatadas nas Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio, a pandemia de gripe de 1918 e a cirurxía na Prehistoria.

Este congreso ofrece unha oportunidade única para reflexionar sobre os avances e retos da medicina ao longo da historia, co obxectivo de proporcionar unha visión máis ampla do desenvolvemento desta ciencia a través dos séculos.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here