InicioCULTURAO ministro de Cultura preside en Santiago o X Encontro Cultura e...

O ministro de Cultura preside en Santiago o X Encontro Cultura e Cidadanía

A cita celebra os 10 anos do ciclo, abordando desafíos e desexos para o sistema cultural

Publicado o

Xornal de Compostela

Este mércores, 25 de setembro, ás 09:30 horas, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, presidirá no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela a apertura institucional do X Encontro Cultura e Cidadanía. O acto, que celebra unha década do ciclo co lema ’10 anos. Desprazamentos, desafíos e desexos para o noso sistema cultural’, estará acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, a deputada provincial de Cultura, Natividade González, e a concelleira de Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago, Miriam Louzao Fernández.

O evento reunirá a 600 profesionais do ámbito cultural para reflexionar sobre os cambios e retos que enfronta o sistema cultural nos últimos anos. Ao remate da presentación, ás 10:00 horas, o ministro Urtasun atenderá aos medios de comunicación para falar sobre o encontro e outros asuntos de actualidade no ámbito cultural.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here