InicioCULTURAYolanda Castaño presenta o seu ensaio galardoado 'Economía e poesía: Rimas internas'

Yolanda Castaño presenta o seu ensaio galardoado ‘Economía e poesía: Rimas internas’

O ensaio, gañador do XXII Premio Ramón Piñeiro, aborda a profesionalización no mundo da cultura e da palabra

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou onte na presentación de Economía e poesía: Rimas internas, o primeiro ensaio de Yolanda Castaño, galardoado co XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. O acto tivo lugar no Pazo de San Roque e contou coa presenza de representantes da Editorial Galaxia e Caixa Rural Galega, entidades que colaboran na convocatoria do premio.

Durante a súa intervención, Valentín García destacou o papel deste galardón para fomentar a creación e divulgación de obras en lingua galega que aporten reflexións críticas e profundas sobre temas diversos. Segundo o secretario xeral, o ensaio de Castaño aborda con maestría a profesionalización no mundo da cultura e a dignificación do traballo dos “traballadores da palabra”. Ademais, subliñou o compromiso da Xunta de Galicia en apoiar iniciativas que potencien as carreiras profesionais dos autores galegos.

Na presentación tamén interviron o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o director xeral de Caixa Rural, Jesús Antonio Méndez, quen eloxiaron o carácter innovador e reflexivo do ensaio de Castaño. A autora, que conta cunha destacada traxectoria literaria, explicou que esta obra é unha reflexión persoal sobre os 30 anos da súa carreira no eido da poesía e da cultura.

Yolanda Castaño, recoñecida poeta, filóloga e xestora cultural, ten no seu haber numerosos premios, incluíndo o Premio Nacional de Poesía 2023. O seu traballo destaca por combinar a poesía con outras linguaxes artísticas, levando a súa obra a países de todo o mundo.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here