InicioCULTURAO CGAC inaugura a exposición de Mayte Vieta 'O Son do Mar'

O CGAC inaugura a exposición de Mayte Vieta ‘O Son do Mar’

A mostra reúne obras fotográficas, esculturas e instalacións da artista visual ata o 19 de xaneiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde hoxe a exposición da artista visual Mayte Vieta, titulada ‘O Son do Mar’, unha mostra que se poderá visitar ata o 19 de xaneiro. Na presentación, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou a relevancia desta exposición, que reúne varias series de obras da artista, incluíndo a serie ‘O paraíso perdido’, creada especificamente para o CGAC.

Lorenzo destacou que Vieta “emprega o espazo e a luz como medios de expresión” e describiu a súa obra como unha reflexión íntima sobre temas como a memoria, o silencio, a fraxilidade humana e o paso do tempo. A mostra inclúe unha ampla variedade de pezas, entre elas fotografías, esculturas e instalacións, que ocupan a primeira planta do museo.

Como parte da inauguración, o auditorio do CGAC acollerá esta tarde unha charla coa participación de Mayte Vieta, a comisaria Natàlia Chocarro e o director do centro, Santiago Olmo. A exposición tamén é froito dunha colaboración coa Fundación Vila Casas de Barcelona, institución destacada no panorama da arte contemporánea.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here