InicioCULTURAO grupo Iacobus organiza as I Xornadas de Pratería e Acibechería en...

O grupo Iacobus organiza as I Xornadas de Pratería e Acibechería en Compostela

O evento celebrará conferencias e actividades sobre dúas artes históricas ligadas ao Camiño de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo de investigación Iacobus da USC, en colaboración coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela, organiza as I Xornadas de Pratería e Acibechería compostelás, que se desenvolverán entre os días 25 e 27 de setembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. A inscrición para participar nestas xornadas é de balde e pode realizarse enviando un correo ao enderezo xornadasdeprateria@gmail.com.

As xornadas enmárcanse dentro dos ‘Monográficos Iacobus’, un ciclo de seminarios que aborda temas de arte e patrimonio cultural galego, enfocándose nesta ocasión en dúas artes estreitamente vinculadas á historia de Compostela: a prata e o acibeche. A Ourivería e Acibechería de Santiago, que leva anos impulsando a investigación destas técnicas, participa activamente na organización deste evento, que pretende conectar a academia coa tradición artesanal da cidade.

O programa inclúe un total de dez conferencias, nas que intervirán expertos do grupo Iacobus e colaboradores como Ramón Yzquierdo Peiró, director do Museo da Catedral de Santiago, e investigadores como Diana Dúo Rámila, do Museo de Pontevedra. Entre os relatores figuran tamén profesores da USC como Mª Dolores Barral Rivadulla, David Chao Castro, Juan Manuel Monterroso Montero e Ana Pérez Varela, entre outros.

Ademais das conferencias, as xornadas ofrecerán actividades complementarias, como visitas guiadas ao Museo da Catedral de Santiago, ás exposicións ‘O legado Ángel’ no Colexio de Fonseca e ‘Las Edades del Hombre: Hospitalitas’ en San Martiño Pinario. Tamén se celebrará unha mesa-debate sobre o futuro da artesanía en Santiago, na que participarán Enrique Fink, de Ourives de Compostela; Elena Fabeiro, de Artesanía de Galicia, e Mónica Cao Pereira, de MOCAO Artesanía.

Outro dos atractivos será unha demostración en vivo de técnicas tradicionais de pratería e acibechería, que terá lugar na praza de Mazarelos e estará a cargo de artesáns da asociación.

Estas xornadas teñen como obxectivo investigar, coñecer e difundir unha arte milenaria que forma parte da identidade de Compostela e do Camiño de Santiago, promovendo a colaboración entre a universidade e o sector artesanal local.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here