InicioCULTURACamiño Escena Norte inaugura en Santiago a súa cuarta edición con teatro...

Camiño Escena Norte inaugura en Santiago a súa cuarta edición con teatro e novo circo

Subtítulo: O programa arranca con Check Out en Compostela e By ò Bu en Foz, e inclúe o encontro escénico profesional Habitación Peregrina PRO en Lugo

Publicado o

Xornal de Compostela

A cuarta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural que reúne compañías de teatro, danza e artes do movemento de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, comezará esta fin de semana en Santiago de Compostela co espectáculo Check Out, do asturiano Adrián Conde. O evento terá lugar o venres 13 de setembro, ás 19.00 horas na Praza de Praterías e está dirixido a un público infantil e familiar. En caso de choiva, trasladarase ao Salón Teatro, con entrada libre ata completar aforo.

A proposta Check Out, premiada en Asturias, é unha comedia visual inspirada no cine mudo, que convida ao público a reflexionar sobre a importancia de vivir o presente a través da divertida historia de Eugenio, un mozo de servizo nun hotel.

O domingo 15 de setembro, o programa continúa en Foz, onde se presentará a obra de novo circo By ò Bu. Aproximación al no existir, das compañías navarras Yarleku e El Punto Gunea, ás 21.00 horas na Praza Conde do Fontao. Este espectáculo está dirixido a un público adolescente e adulto e combina movemento, trapecio e palabra para tratar temas profundos como a existencia e a opción de deixar de existir.

Ademais, a programación profesional de Camiño Escena Norte incluirá o encontro Habitación Peregrina PRO, que se celebrará en Lugo do 17 ao 19 de setembro no centro O Vello Cárcere. Este espazo permitirá que as compañías e profesionais do sector cultural compartan coñecementos, establezan contactos e exploren novas oportunidades de coprodución.

Camiño Escena Norte conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e Vegalsa-Eroski como patrocinador oficial.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here