InicioCULTURAA USC celebra as xornadas #BenVidaUSC con concertos, obradoiros e actividades lúdicas...

A USC celebra as xornadas #BenVidaUSC con concertos, obradoiros e actividades lúdicas en Santiago e Lugo

O programa ofrece múltiples eventos do 16 ao 26 de setembro, incluíndo concertos de The Rapants e Funk à Feira

Publicado o

Xornal de Compostela

As xornadas de benvida da USC, denominadas #BenVidaUSC, desenvolveranse nos campus de Santiago de Compostela e Lugo entre o 16 e o 26 de setembro. A programación inclúe unha ampla variedade de actividades culturais e deportivas, como concertos, obradoiros, visitas guiadas, feiras de emprego e aulas abertas. O obxectivo é que a comunidade universitaria coñeza os servizos e posibilidades que a institución lles ofrece, máis alá das aulas.

Entre os eventos máis destacados atópanse os concertos de The Rapants, o 25 de setembro en Lugo e o 26 de setembro en Santiago, onde tamén actuará o grupo Funk à Feira. Ambas actuacións comezarán ás 20:30 horas e serán de acceso libre ata completar aforo. Segundo a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, a iniciativa busca “poñer en valor as potencialidades dos servizos da USC”.

As actividades están abertas a toda a comunidade universitaria, e para as que teñen límite de prazas, xa se pode realizar a inscrición a través do formulario dispoñible no sitio web da USC.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

Borja Verea e Martínez-Almeida abordan os retos da política municipal e reivindican o liderado de Feijóo en Santiago

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, e o alcalde de Madrid,...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here