InicioCULTURAAtardecer no Gaiás presenta a Alana e Carrera Blanca esta semana

Atardecer no Gaiás presenta a Alana e Carrera Blanca esta semana

Os concertos terán lugar na Praza Central da Cidade da Cultura

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo Atardecer no Gaiás, promovido pola Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude, continúa esta semana con novos talentos musicais. Este xoves 15 de agosto, a Praza Central da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela acollerá á banda galega Alana. O grupo, gañador da categoría de Música no último certame Xuventude CREA, presentará o seu disco debut, O xeito á cántigha. Este álbum combina cancións tradicionais galegas con arranxos electrónicos e influencias de pop.

Ao día seguinte, o venres 16 de agosto, será o turno de Carrera Blanca, un grupo madrileño revelación no Festival Contempopranea 2023. O concerto será o primeiro do grupo en Galicia e incluirá pezas do seu repertorio actual, como “Adulto funcional” e “Mis amigas”, dentro do estilo que definen como cuquipunki.

Ambos os concertos comezarán ás 21:00 horas e a entrada será libre e de balde.

Ata a data, case 3.500 persoas asistiron ás actuacións da décimo cuarta edición de Atardecer no Gaiás. Este ciclo, consolidado como unha cita importante no verán galego, pechará cunha serie de actuacións de artistas como Bewis de la Rosa, ALARIDO, Santi Araújo e Rocío Saiz. O ciclo conta co apoio de Cervezas Alhambra e forma parte da campaña CulturON organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago confirma que axudou a impulsar Fly2Galicia e mantén en confidencialidade os contactos coa empresa

O Concello de Santiago confirmou que leva "moitos meses" en contacto con Fly2Galicia e que...

A USC advirte dunha seca severa na comarca de Compostela tras recoller só 181 litros dende febreiro

A comarca de Santiago de Compostela atravesa unha situación de "seca severa" despois de...

Sanmartín anuncia medidas para ordenar os fluxos turísticos e defende a actuación municipal no Quiroga Palacios

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou este mércores que o Concello traballa xunto...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

WOS Festival completa a súa novena edición con 26 proxectos repartidos por nove espazos de Santiago

O WOS Festival x SON Estrella Galicia pechou a programación principal da súa novena...

Novo “museo da arte urbana” nunhas galerías comerciais de Santiago

Oito novos murais, creados por artistas referentes de Galicia, transformaron unhas galerías comerciais de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here