InicioCULTURAO ciclo Atardecer no Gaiás ofrece dez novas citas musicais en agosto

O ciclo Atardecer no Gaiás ofrece dez novas citas musicais en agosto

Branko e Amoebo inauguran a programación semanal con concertos gratuítos no Gaiás

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo Atardecer no Gaiás, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, continúa en agosto con dez novas citas musicais que terán lugar os xoves e venres do mes. Esta semana, os asistentes poderán gozar das actuacións do influínte DJ e produtor portugués Branko e do grupo galego Amoebo. Os concertos, con entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas na Praza Central do Gaiás.

Branko subirá ao escenario o xoves 1 de agosto para presentar o seu disco Soma, no que colaboran algúns dos mellores artistas de Portugal, como Dino D’Santiago, Carla Prata, Jéssica Pina e Teresa Salgueiro, entre outros. O ex-fundador de Buraka Som Sistema propón doce temas de electrónica cálida e bailable, incluíndo colaboracións internacionais como a do rapeiro Jay Prince.

O venres 2 de agosto será a quenda de Amoebo, unha proposta de música urbana que mestura ritmos latinos e pop dos anos 80 para reinterpretar a verbena galega. As súas letras, que abordan temas como o amor, o sexo e a vida cotiá da mocidade, prometen non deixar a ninguén sentado.

NOVOS TALENTOS E DIVERSIDADE MUSICAL

A programación de agosto de Atardecer no Gaiás inclúe novos talentos como os galegos Alana, gañadores do certame Xuventude Crea 2023 na categoría de música; a manchega Bewis de la Rosa; o grupo catalán Faneka; os madrileños Carrera Blanca; e o dúo arxentino-malagueño Cosmic Wacho. O cartel combina estilos diversos como a electrónica, o folk, a cumbia urbana, o indie e o electropop, e complétase con artistas de longo percorrido como ALARIDO e Santi Araújo desde Galicia, e Rocío Saiz desde Madrid.

Este ciclo musical conta co apoio de Cervezas Alhambra e forma parte da campaña CulturON da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que promove máis de 30 actividades culturais diarias por toda Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here