InicioCULTURAO profesor universitario Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Nortear de relato...

O profesor universitario Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Nortear de relato curto

O autor melidense recibiu o galardón pola súa obra 'Profundo sen nome' nun acto na Cidade da Cultura

Publicado o

Xornal de Compostela

Vicente Vázquez Vidal, escritor e profesor universitario nado en Melide no ano 1992, foi galardoado este martes co premio da novena edición do certame Nortear de relato curto entre novos autores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O recoñecemento foi por súa obra ‘Profundo sen nome’, que lle valeu 3.000 euros e a publicación da mesma en galego e portugués.

O acto de entrega do premio tivo lugar na Cidade da Cultura e contou coa presenza de Nuno Almeida, director da Eurorrexión, Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e Jorge Sobrado, vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal. No evento subliñouse a importancia da colaboración transfronteiriza e a contribución da literatura á unión cultural entre Galicia e o Norte de Portugal.

Vázquez Vidal, que actualmente imparte clases na Universidade de Lorraine en Francia, expresou a súa gratitude e satisfacción polo recoñecemento, destacando a oportunidade que o premio representa para a promoción de novos talentos literarios na Eurorrexión.

Desde a súa primeira convocatoria en 2015, o premio Nortear recoñeceu a nove autores, con case 400 obras presentadas ao longo dos anos. Entre os premiados anteriores atópanse Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar e Marta Pais de Oliveira.

No mesmo evento, presentouse tamén o novo proxecto Nortear Galicia-Norte de Portugal (Interreg V A 21-27), que disporá dun orzamento de 460.000 euros ata o ano 2026, reforzando o compromiso conxunto de promover a cultura e a cooperación na rexión.

ÚLTIMAS

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

Compostela move ficha cos orzamentos de 2026: máis de 148 millóns a debate na Comisión de Facenda o día 17

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que o goberno municipal convocará o vindeiro...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

Fotowalk Galicia organiza en Santiago un obradoiro de fotografía de rúa centrado na narrativa visual

A comunidade fotográfica Fotowalk Galicia celebrará en Santiago de Compostela un novo obradoiro formativo...

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico abre en Santiago a súa XXI edición con cinema, creación e reflexión arredor do real

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) inaugura este martes...