InicioCULTURANove citas musicais imperdibles no Outono Códax Festival

Nove citas musicais imperdibles no Outono Códax Festival

O Outono Códax Festival quenta motorores de face á súa próxima edición, cun cartel que contará con nomes como Fantastic Negrito, The Seepdogs, Shannon & The Clams ou The Jive Aces.

Publicado o

Por elenagonfer

O Outono Códax Festival quenta motorores para a súa próxima edición, cun cartel que contará con nomes como Fantastic Negrito, The Seepdogs, Shannon & The Clams ou The Jive Aces. Así, Santiago acollerá a nomes tan destacados a nivel internacional como Fantastic Negrito (23 novembro), os canadenses The Sheepdogs (9 novembro) que abren en Compostela a súa xira europea, ou a californiana Shannon & The Clams (21 novembro).

Ademais, estarán The Jives Aces e The Fuzillis (22 novembro) ou os encargados de abrir o festival, The Courettes (31 outubro na Sala Riquela), “a formación de rock and roll de dúas persoas máis grande do mundo”, como os definiu a publicación británica The Next Big Thing.

A representación galega recae nesta edición en Mambas Negras (21 novembro), quinteto vigués formado por grandes músicos galegos amplamente recoñecidos e Madame Bird (23 novembro), a banda da gran voz da escena negra galega, Carla de Figueredo.Desde Barcelona chegarán Os Tiki Phantoms, unha banda referencial do surf instrumental con tres décadas de traxectoria.

Os concertos desta edición do Outono Códax, que se celebrará entre o 31 de outubro e o 23 de novembro, volverán ter por escenario a Sala Capitol e o Riquela Club de Santiago. Así pois, un ano máis e baixo o apoio e colaboración de Adegas Martín Códax, o festival impulsado por Raiña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con nove citas musicais e actividades paralelas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here