InicioCULTURADe onde ven a expresión "Isto é a casa da Collona!"?

De onde ven a expresión “Isto é a casa da Collona!”?

A expresión ten a súa orixe en Vigo, no barrio chinés, pero estendeuse a toda Galicia, incluso a Santiago, onde un bar tiña ese nome

Publicado o

Por Marta Balado Simó

“Isto é a casa da Collona” é unha expresión que moitos galegos utilizamos co fin de referirnos a un caos, un desastre ou un lugar moi desordenado. A súa orixe remóntase aos anos 50 en Vigo, pero hoxe en día se di en moitos lugares de toda a comunidade. Incluso en Santiago existía un restaurante, no número 41 da Rúa do Franco, que recibía o nome de “ACDC” en referencia a esta expresión.

Durante os anos 50, a Rúa Ferrería de Vigo, no barrio chinés ou “rojo”, estaba chea de locais de alterne. O Bar Abanico era un deles e estaba rexido por unha madame que se chamaba Doña Esperanza pero á que todo o mundo coñecía co nome de La Collona.

A xente de Vigo coñecía o local como “A Casa da Collona” e de ahí foi evoluíndo ata que de xeito despectivo comezouse a escoitar a expresión “Isto é a casa da Collona” para referirse a un caos ou desorde.

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

Román Rodríguez clausura en Santiago o proxecto ‘Talentos Inclusivos’, no que 16 centros deseñaron solucións tecnolóxicas para a diversidade

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou este mércores en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here