InicioCULTURAO derradeiro adeus ao historiador Justo Beramendi no Museo do Pobo Galego

O derradeiro adeus ao historiador Justo Beramendi no Museo do Pobo Galego

Non faltaron á cita diferentes personalidades do mundo da cultura, sociedade e política galega

Publicado o

Xornal de Compostela

A sociedade civil galega despediu no Museo do Pobo Galego ao historiador Justo Beramendi, un dos fundadores da institución, que faleceu o mércores aos 82 anos. Ás 10.00 horas deste xoves tivo lugar a capela ardente de Beramendi e, tras ela, ás 13.00 horas foi o acto cívico ao que acudiron diferentes personalidades do mundo da cultura, sociedade e política galega.

Entre os presentes estiveron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, concelleiros do concello de Santiago, entre outros.

O féretro, situado no centro do auditorio do Museo, estivo cuberto coa bandeira galega e, á súa ao redor, diversos centros florais, a maioría deles, adornados con lazos que simulaban a bandeira da comunidade. Durante a cerimonia a presidenta do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, tivo unhas palabras para honrar a Beramendi e despedilo na que denominou como “a súa casa”, en referencia á institución.

“Un home que sempre traía os deberes feitos, durante meses, anos e décadas. Traer os deberes feitos e traballar moito onde non che ven, para traballar ben cando estás rodeado doutra xente. Sempre o vimos traballar ben”, enxalzou Losada.

“Non che imos a esquecer, Justo. Só pediamos un pouco máis de tempo”, concluíu, emocionada, Concha Losada. Tras ela, un dos netos de Beramendi tamén dedicou unhas palabras ao seu avó. Posteriormente, foi o fillo maior o que remarcou a “independencia e tenrura” do seu pai e concluíu a súa intervención cun poema.

Ao finalizar, os presentes puxéronse en pé e entoaron, ao compás da gaita, o himno galego. Posteriormente, o cadaleito, precedido por un gaiteiro que entoou o himno do Antigo Reino a medida que abandonaba o Museo, foi levado ao lombo ata ser introducido no coche fúnebre.

A súa necrolóxica, ademais dos seus cargos como presidente do padroado do Museo do Pobo Galego e catedrático emérito de Historia Contemporánea da USC, recolle que foi un “marxista irredento e galego de elección”.

NACIDO EN MADRID: “GALEGO DE ELECCIÓN”

Justo Beramendi, naceu en Madrid estudou Enxeñaría Industrial e Tradución e obtivo un doutoramento en Historia en Santiago de Compostela (USC).

Na universidade galega foi catedrático de Historia Contemporánea e vicerreitor entre 1990 e 1994. A obra de Beramendi engloba estudos de sobre Vicente Risco, Manuel Murguía e Alfredo Brañas, ademais do ensaio ‘De provincia a nación: Historia do galeguismo político’, que lle valeu o Premio Nacional de Ensaio en 2008.

No ano 2012 xubilouse, aínda que non abandonou a actividade intelectual e foi presidente do Museo do Pobo Galego, do que foi cofundador en 1976. Foi membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here