InicioCULTURAA tradición máis anticlerical de Compostela: o Xubileo Pagano

A tradición máis anticlerical de Compostela: o Xubileo Pagano

Nos anos 60 comezouse a tradición de apagar un cigarro no traseiro do anxo do capitel para gañar o Xubileo Pagano

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Situado no número 15 da Rúa do Vilar, na coñecida como Casa Varela, atópase un dos capiteis máis buscados e famosos de Compostela. Nun dos arcos do soportal do edificio, atópase un capitel decorado coa figura dun neno ou anxo espido deitado enriba do que parece un animal.

Esta figura non chama a atención pola súa técnica nin beleza, senón porque é a protagonista dun dos rituais máis curiosos dos que se celebran na cidade. Coñeces o Xubileo Pagano?

Non estamos a falar de nada relacionado coa Igrexa nin coa celebración xacobea, senón nunha celebración anticlerical que tería a súa meta neste capitel.

Eran os anos 60 e os estudantes máis anticlericais da cidade decidiron comezar unha tradición para emular a celebración do ano santo da cidade. Comezaron a poñer de moda o feito de apagar un cigarro no traseiro do anxo espido.

Dende ese momento, tanto estudantes como visitantes apagaban os cigarros nel e hoxe en día ten un burato como mostra da tradición. A día de hoxe, os curiosos que se achegan a ver o capitel meten o dedo no burato.

Traseiro Xubileo Pagano – Xornal de Compostela

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Novo “museo da arte urbana” nunhas galerías comerciais de Santiago

Oito novos murais, creados por artistas referentes de Galicia, transformaron unhas galerías comerciais de...

Música blues, soul, jazz ou rock encherá as rúas de Compostela este agosto no festival ‘Feito a man’

O festival "Feito a man" 2026 encherá de música e actividades gratuítas as rúas...

O destino definitivo das estatuas de Abraham e Isaac será o Museo do Pobo

O Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela foi o lugar elixido para...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here