InicioCULTURAA artista Gloria Pavía sobre Santiago: “Estar rodeada de tanta creatividade fai...

A artista Gloria Pavía sobre Santiago: “Estar rodeada de tanta creatividade fai que chegues a casa e teñas ganas de crear”

Gloria Pavía cóntanos como comezou a formarse na arte e o papel esencial que xogou Santiago de Compostela nese proceso

Publicado o

Por María Rego de la Torre

Gloria Pavía (en Instagram @glopavia ou @globelivet na súa conta de ilustración) é unha artista e música emerxente, que ademais de vivir e crear na cidade compostelá, está moi inmersa no seu circuíto artístico.

Xornal de Compostela falou con ela para preguntarlle sobre a súa conexión coa cidade compostelá e a súa experiencia como artista.

Gloria empezou a interesarse pola música a raíz de ver unha serie de animación xaponesa chamada K-On, que trata sobre un grupo de nenas que tocan música no instituto e que inspiraron a Gloria porque “quería ser como elas”. Así, Gloria comezou a cantar e tocar o baixo para posteriormente apuntarse a clases de música. Foi nestas clases onde coñeceu a xente que lle ensinou o panorama artístico de Santiago, contando que descubriu “o que había na cidade”. “Flipei moitísimo co ambiente cultural”, sentenciou a artista.

Estar rodeada de tanta creatividade motivou a Gloria a querer crear, dicindo “cando vas a un concerto, ao final iso é unha fonte enorme de inspiración, e chegas a casa e tes ganas de crear”.

Gloria destaca o concepto de ‘gincana, que define como o circuíto entre concerto e concerto que se pode facer moitas noites en Santiago de Compostela grazas á súa grande oferta de música en directo. Desta forma, artistas e seguidores pasean xuntos as rúas da cidade, indo de bar en bar en comunidade, tomando algo e escoitando novas voces do panorama galego.

Bares como o Modus Vivendi ou Borriquita de Belém son algúns dos lugares que se poden visitar para desfrutar desta forma artística, puidendo atopar tamén a Gloria Pavía cantando neles de cando en vez.

Sobre a súa experiencia persoal na cidade, Gloria comentou que “é unha sorte o que temos aquí e é unha marabilla poder estar todos os días escoitando música en directo, e en xeral todo tipo de arte”. Asegura que a súa experiencia como artista “tería sido moi diferente se tivese vivido noutro sitio”.

Pavía non só sacou o ano pasado o seu primeiro EP, Novas Flores, senón que este ano gañou o premio Martín Códax da Música a Artista Emerxente, convertíndoa nunha voz a ter en conta no futuro musical de Santiago e de Galicia.

ÚLTIMAS

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O Concello prepara a xustificación técnica para evitar a perda de fondos europeos no proxecto ‘Entre Sar e Sarela’

O Concello de Santiago confirmou que os seus servizos técnicos, xunto coa Universidade de...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

Santiago reivindica a presenza das súas parroquias no inicio do entroido dos Xenerais da Ulla en Silleda

O Concello de Santiago de Compostela participou este venres no acto de presentación do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here