InicioCULTURAFermín Muguruza actuará en Compostela en 2025 na xira dos seus 40...

Fermín Muguruza actuará en Compostela en 2025 na xira dos seus 40 anos de traxectoria

Será o único concerto en Galicia.

Publicado o

Xornal de Compostela
Fermin Muguruza actuará en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 2025, no marco dunha xira mundial na que celebrará as súas catro décadas de traxectoria musical. Será a única parada que o artista vasco, fundador de Kortatu e Negu Gorriak, faga no noroeste peninsular no marco do seu novo tour -o primeiro tras 11 anos sen realizar xiras internacionais- e as entradas para esta cita, que terá lugar no Fontes do Sar, sairán á venda o vindeiro martes, 25 de xuño, ás 09.00 horas a través do espazo web www.muguruzafm.eus
Despois de romper todas as previsións ao vender 16.000 entradas tan só nuns minutos para os dous concertos que ofrecerá en Bilbao no mes de decembro, Fermin Muguruza comprometeuse a buscar novas propostas para o vindeiro ano. Cando se cumpren 40 anos do lanzamento da primeira maqueta de Kortatu, o artista vén de anunciar para o 2025 unha gran xira internacional para celebrar o seu 40º aniversario desde a formación da súa primeira banda, Kortatu, e na que tamén revisará temas de Negu Gorriak e dos seus traballos máis recentes en solitario.
O tour, que chegará a distintas cidades de Europa, América e Asia, terá catro paradas na Península Ibérica, mais a cita compostelá será a única actuación de Muguruza en Galicia. Así, o vasco achegarase o ano que vén a Barcelona (24 de xaneiro, Palau Sant Jordi), Madrid (15 de febreiro, WiZink Center) e Donostia (14 de xuño, Estadio Reale Arena – Anoeta).
CULTURA FRONTE A ATAQUES
Este 40 aniversario chega nun momento especial para Fermín Muguruza. Fronte aos ataques lanzados contra el nos últimos tempos, o músico e realizador de cinema advertiu nas súas redes sociais que respondería con máis cultura, reivindicando a súa traxectoria e legado. Así, o artista destaca que estes eventos serán “algo máis que un simple concerto, xa que servirán para utilizar a música como ferramenta de expresión e cambio social”. Nos directos, o público poderá gozar de diferentes cancións que se converteron en iconas da música vasca e internacional.
O artista irundarra lembra que “será unha honra e un privilexio poder celebrar este percorrido de 40 anos sobre un escenario, sabéndome pertencente a unha xeración moi golpeada. Espero que estes concertos sexan especiais para todos, a través da música, o baile e a reivindicación, un exercicio de memoria colectiva, unha celebración da vida e rexeitamento ao fascismo, unha cerimonia dos abrazos”.

ÚLTIMAS

Santiago activa un servizo municipal para asesorar sobre contratos de alugueiro residencial

O Concello de Santiago puxo en marcha este luns o novo Servizo Municipal de...

A Xunta de Goberno autoriza obras no conxunto catedralicio e aproba melloras na Quinta dos Fuentes e en Verdía

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns novas licenzas urbanísticas, proxectos...

As traballadoras da limpeza de Lacera volven á folga este martes nos colexios en Santiago

As traballadoras de limpeza e conserxería dos colexios públicos de Santiago de Compostela, servizo...

Borja Verea propón crear unha primeira rede de cociñas propias en tres colexios de Santiago

O portavoz municipal do PP en Santiago, Borja Verea, presentou este luns unha proposta...

Ryoichi Kurokawa volve a Curtocircuíto cun programa de concertos audiovisuais que conecta son, imaxe e tecnoloxía

Curtocircuíto reforzará nesta edición a súa liña dedicada á creación audiovisual en directo cunha...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here