HomeCULTURAAXENDA: As festas de Sar, a Tattoo Expo e outras actividades que...

AXENDA: As festas de Sar, a Tattoo Expo e outras actividades que facer esta fin de semana en Compostela

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

MÚSICA

  • Xornadas de música contemporánea – Caleidoscopio: Do 5 ao 20 de xuño, Santiago de Compostela acollerá as Xornadas de Música Contemporánea no Auditorio de Galicia. Este evento contará con actuacións da Joven Orquestra Nacional de España (JONDE), a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e o Ensemble Liberdade, entre outros. As entradas poden adquirirse no propio Auditorio de Galicia, con prezos variábeis segundo o concerto. Os concertos son para todos os públicos, e de entrada libre ata completar aforo.
  • XMC · Cámara III Jonde: O sábado 8 de xuño ás 20:30 no Auditorio de Galicia, terá lugar o concerto de Cámara III da Xornadas de Música Contemporánea. O evento contará coa participación do Trío Arbós, Joan Enric Lluna (clarinete) e a Joven Orquesta Nacional de España. Interpretarán obras de Toshio Hosokawa, Salvatore Sciarrino, Gérard Grisey, e a estrea absoluta de “El Aljibe” de María José Arenas. Evento apto para todos os públicos e de entrada libre ata completar aforo. 
  • Seráns en Feixóo: O venres 7 de xuño ás 21:30 na Praza de Feixóo terá lugar un concerto de Bulego dentro da sexta edición dos Seráns en Feixóo. Bulego é un quinteto vasco formado por Tomás Lizarazu, Itziar Beitia, Jon Larrañaga, Rubén Lizarralde e Xabier Arrieta, coñecido pola súa mestura de pop e rock e letras emotivas. Dende 2020, gañaron popularidade con EPs e o seu álbum de debut, ‘Erdian Oraina’. As entradas son de balde e o evento é para todos os públicos.

TEATRO E CINE

  • Daniel Fez – La Vida Regulinchi: O domingo 9 de xuño ás 19:00 no Auditorio Abanca, Daniel Fez presenta o seu espectáculo de monólogo ‘La Vida Regulinchi’. Neste show, o popular influencer e humorista comparte experiencias e anécdotas da súa vida con moita comedia e ironía, explorando temas do cotián e o mundo das redes sociais. As entradas, dispoñibles en Ataquilla.com, teñen un prezo de 18 euros (sen gastos de xestión).

EXPOSICIÓNS

  • A Tesoira Eléctrica: Ata o 9 de xuño no Pazo de Bendaña, a exposición ‘A Tesoira Eléctrica’ presenta un encontro das obras de Lo Súper, Aurora Duque de la Torre e Amparo Segarra. Esta mostra artística céntrase na técnica da colaxe, ofrecendo unha perspectiva única e innovadora. A entrada é de balde e o evento é apto para todos os públicos. 
  • Tesouros Reais. Obras Mestras do Museo de Terra Santa: Ata o 4 de agosto no Museo Centro Gaiás, esta exposición internacional amosa valiosas pezas de arte sacra do Museo de Terra Santa en Xerusalén. Estas obras, doadas polas monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos, inclúen obxectos relixiosos, cálices, xoias, códices e vestimentas sacras. A exposición está aberta de martes a domingo, de 10:00 a 20:00. Entrada libre e de balde (só é preciso reservar praza para as visitas guiadas).
  • Lousas dun mesmo Mundo: Ata o 30 de xuño na Casa do Cabildo, a exposición ‘Lousas dun mesmo Mundo’ presenta un percorrido visual e poético a través de 20 montaxes fotográficas. Utilizando a técnica da colaxe, cada peza combina dúas imaxes que xuntas crean unha visión poética que invita a unha dobre relectura crítica do mundo. A mostra está aberta de martes a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os domingos de 11:00 a 14:00. A entrada é de balde e para todos os públicos.

INFANTIL

  • Os planetas do Samu: O sábado 8 de xuño ás 12:00 na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, celebrarase o contacontos en portugués ‘Os planetas do Samu’, a cargo de Joana Cordeiro. Este evento infantil está destinado a nenas e nenos de 3 a 8 anos, narrando a historia dun neno con dificultades na comunicación e a importancia do apoio familiar e amigable. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

DEPORTE E MOVEMENTO

  • VII Carreira e Andaina Solidaria Pola Esclerose Múltiple: O domingo 9 de xuño, Santiago de Compostela acollerá a VII edición desta carreira e andaina solidaria. A carreira terá un percorrido de 4,5 km e a andaina de 2 km. O evento comezará ás 11:00 para os escolares e rematará coa andaina ás 12:45. A saída e meta estarán no estanque da residencia universitaria. A inscrición custa 6 euros, sendo gratuíta para as categorías peques e escolares. As inscricións poden realizarse en carreirasgalegas.com.
  • VI Carreira Holi Gaiás: O sábado 8 de xuño ás 12:00, na Cidade da Cultura de Galicia, celebrarase a VI Carreira Holi Gaiás. Esta carreira lúdica e non competitiva utiliza polvos de cores Holi Gulal durante o percorrido de 5 km. Haberá dúas categorías: infantil e adultos. A inscrición custa 3 euros para os nenos e 5 euros para os adultos, e pode realizarse en carreirasgalegas.com. O evento contará con animación antes, durante e despois da proba. 

FESTAS E EVENTOS 

  • Tattoo Expo: Do 7 ao 9 de xuño no Centro Comercial Área Central, terá lugar a Tattoo Expo en Santiago de Compostela. Artistas profesionais e entusiastas dos tatuaxes reuniranse para amosar o seu talento, realizar tatuaxes e ofrecer asesoramento. O evento contará cun concurso de tatuaxes onde os tatuadores presentarán os seus traballos realizados durante os tres días. 
  • Festa da Primavera de Sar: O sábado 8 de xuño, o barrio de Sar celebrará a súa Festa da Primavera. O evento comezará ás 13:00 cun vermú animado pola AF Colexiata de Sar e o dúo Phantom. Pola noite, a partir das 22:00, continuará cunha verbena a cargo do dúo Phantom e La Gramola disco.
  • VII Selic Festival da Lectura: Do 7 ao 16 de xuño, a Praza da Quintana acolle o VII Selic Festival da Lectura, organizado polo Concello de Santiago de Compostela. Este evento reúne autores de literatura galega e outros recoñecidos, con actividades como charlas, firmas de libros, paseos literarios, contacontos e obradoiros. Ademais, haberá concertos e lecturas dramatizadas. O festival contará con 25 postos de librerías e editoriais. O horario será de 12:00 a 14:00 polas mañás dos fins de semana e de 17:00 a 21:00 todas as tardes. Entrada de balde.

ÚLTIMAS

As vítimas do tren Alvia lembran o accidente 11 anos despois: “É demasiado tarde para pedirnos perdón”

Hoxe Xornal de Compostela fala con Jesús Dominguez, presidente da Asociación Plataforma Víctimas Alvia 04155,...

O acto de entrega das Medallas de Galicia destacan o sector audiovisual como “cada vez máis estratéxico”

O actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual...

FOTOS: O Concello de Ames celebra o Día de Galicia e homenaxea ao deportista Borja Golán

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte o acto institucional do Día de...

Nova protesta das vítimas de Angrois polas rúas de Santiago 11 anos despois do accidente

Decenas de vítimas e familiares do accidente do tren Alvia en Santiago --do cal...

O profesor universitario Vicente Vázquez Vidal gaña o premio Nortear de relato curto

Vicente Vázquez Vidal, escritor e profesor universitario nado en Melide no ano 1992, foi...

Revenidas Miúdo encherá o 28 de xullo o Monte do Gozo de música para nenos, xogos e espectáculos de maxia e monicreques

A segunda edición do festival Revenidas Miúdo encherá o vindeiro domingo, día 28 de...

Valentín García e Xosé Merelles presentan o Festival Revenidas Miúdo no Monte do Gozo

Valentín García, secretario xeral da Lingua, e Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here