InicioCULTURAElena Gallego Abad presenta o seu libro 'O legado da nena do...

Elena Gallego Abad presenta o seu libro ‘O legado da nena do sal’ no Ateneo de Santiago

O libro é un relato familiar enmarcado no contexto posguerra civil galega

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro mércores, 29 de maio, o Ateneo de Santiago converterase no escenario para a presentación do último libro de Elena Gallego Abad, titulado O legado da nena do sal. O evento, que comezará ás 19:30 na sede de Afunción da Rúa do Vilar, 19, contará coa participación de Emilio Grandío, Catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Francisco Candela, novo Presidente do Ateneo de Santiago.

O legado da nena do sal relata a conmovedora historia de Carmiña de Colosía, nai da autora, que nos anos trinta quedou orfa e foi acollida por unha familia en Viveiro. A novela descobre un drama persoal no contexto da posguerra civil española, unha época marcada pola aproveitación de moitas familias sobre persoas inocentes e desvalidas.

Elena Gallego Abad, recoñecida escritora e xornalista, ten unha extensa carreira nos medios de comunicación de Galicia e é autora de varias obras de relevancia literaria, incluíndo a saga xuvenil Dragal e as novelas Sete Caveiras e O Xogo de Babel. Ademais, foi galardoada co II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra A promesa. Gallego Abad tamén exerce un papel significativo como representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra. A súa nova obra non só narra unha historia impactante senón que tamén pon de manifesto as cicatrices deixadas pola guerra e o seu efecto nas xeracións futuras.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras, Proxecto Vagalume e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, galardoados coas ‘Meninas’ 2026

A reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a excongresista Carmen Marón; a presidenta da...

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

A CIG denuncia ante a Inspección de Traballo deficiencias de seguridade no laboratorio do Hospital Clínico de Santiago

A CIG-Saúde presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo pola situación do Laboratorio...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...

Cineuropa inaugura este venres a súa 40ª edición en Santiago con máis de 150 películas e 17 días de programación

O festival Cineuropa inicia este venres, 6 de novembro, a súa 40ª edición en...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here