InicioCULTURAA Xunta autoriza a Santiago o cambio no plan da cidade histórica...

A Xunta autoriza a Santiago o cambio no plan da cidade histórica para a protección do mural de Lugrís

Esta obra atópase nun local de hostalaría, actualmente da cadea 100 Montaditos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta autorizou a modificación do plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela para incorporar no seu catálogo, como elemento específico, o mural pintado en 1954 polo artista Urbano Lugrís (1908-1973).

Este mural está nun local de hostalaría, actualmente da cadea 100 Montaditos, situado na Rúa do Franco, número 56. A comezos de ano, a xunta de goberno local de Santiago aprobou a modificación puntual do catálogo do plan especial, á que agora dá luz verde a Consellería de Cultura –encargada dos informes competentes en materia de patrimonio cultural–.

Lugrís realizou este mural para o entón Bar América e foi o último dos que o artista pintou en Santiago que aínda se conserva no lugar para o que fora pensado. De todos os murais dun dos artistas galegos máis destacados do século XX que existían na capital galega perdéronse o do Hotel Compostela e o do bar Lugo, mentres que foron separados da parede os da Clínica Álvarez, que actualmente se atopan esparexidos en coleccións públicas e privadas.

O Catálogo de protección do PE-1 identifica os inmobles que son obxecto de preservación cunha ficha de catalogación para cada edificio, na que se identifican os elementos catalogados, que no caso do edificio que acolle o mural tiña asignado o nivel 4 (interese ambiental) pero non figuraba ningún elemento interior.

ÚLTIMAS

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Detida despois dun accidente en Santiago tras saltar un control da Garda Civil en O Milladoiro

Unha muller foi detida tras sufrir un accidente de circulación na rúa Polonia de...

Dolores Vilavedra toma posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega e marca como reto reforzar os dereitos culturais

Dolores Vilavedra tomou posesión este venres como nova presidenta do Consello da Cultura Galega...

Carlangas presentará no ‘Atardecer no Gaiás’ o seu terceiro disco en solitario

Carlangas inaugura este xoves, ás 20.00 horas, unha nova edición de 'Atardecer no Gaiás',...

Sanmartín destaca a proxección internacional do Premio Compostela para Álbums Ilustrados, que recibe 265 obras de diferentes países

O XIX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados xa ten obra gañadora. A alcaldesa...