InicioCULTURAO Museo Casa de la Troya retoma os roteiros culturais teatralizados por...

O Museo Casa de la Troya retoma os roteiros culturais teatralizados por Santiago

As visitas dramatizadas polo centro histórico comezan o 31 de maio e incluirán novas datas ata outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo Casa de la Troya vai celebrar novos roteiros troyanos, visitas culturais teatralizadas polo centro histórico compostelán, en colaboración coa Deputación da Coruña. O primeiro terá lugar este venres, 31 de maio. Os seguintes están previstos para o 14 de xuño, o 26 de xullo, o 16 de agosto, os días 12 e 19 de setembro e os días 4 e 11 de outubro.

Esta iniciativa poñíase en marcha hai sete anos con grande éxito entre o público de todas as idades. Benigno Amor é o presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo. Explica que “estes roteiros culturais dramatizados por diferentes rúas e prazas do casco antigo de Compostela buscan achegar aos participantes, de maneira amena e divertida, os feitos históricos relativos ao tempo no que transcorre a novela de Pérez Lugín La Casa de la Troya“. Durante o percorrido explícase como era a cidade entón, os usos sociais hoxe desaparecidos e tamén se afonda nas personaxes e anécdotas da época. “Retomamos deste xeito unha actividade cunha magnífica repercusión, que comezamos en 2017 co obxectivo de sacar o museo á rúa”, indica Amor.

Estes roteiros parten da praza de Mazarelos, ás 19:00 horas. O número máximo de participantes é de 15 persoas por roteiro e o prezo é de 5 euros. Para os menores de 16 anos é de 2 euros. Os interesados en participar nesta actividade deberán facer a súa reserva a través dos teléfonos (981 585 159 / 695 211 266) ou do correo electrónico do Museo (visitas@lacasadelatroya.gal).

O percorrido remata na Casa de la Troya, onde os asistentes terán a oportunidade de facer unha visita guiada pola vella pensión de estudantes. Cada roteiro ten unha duración aproximada de unha hora e media, finalizando sobre as 20:30 horas.

Estas visitas guiadas ofrecen a posibilidade de viaxar no tempo ata a Compostela de finais do século XIX da man de Casimiro Barcala, o estudante recreado por Pérez Lugín na súa novela; interpretado por Suso Martínez, historiador, guía turístico, divulgador e actor especializado na historia de Galicia. Nesta actividade combínase a información cultural e histórica co humor, vencellando os lugares que se visiten coa trama do libro.

Horarios do Museo

Nestas datas a Casa de la Troya abre de xoves a sábado, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Todas as visitas son conducidas polas guías do museo e teñen unha duración de entre 20 e 25 minutos, en grupos de dez persoas máximo.

ÚLTIMAS

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Pedro Blanco destaca o Xacobeo 2027 como unha “oportunidade para proxectar Galicia no mundo

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o Xacobeo 2027 como unha...

Nove vivendas municipais para a rúa da Caramoniña froito da rehabilitación e a obra nova

O proxecto de vivendas de aluguer accesible da rúa da Caramoniña, en Santiago de...

Novo “museo da arte urbana” nunhas galerías comerciais de Santiago

Oito novos murais, creados por artistas referentes de Galicia, transformaron unhas galerías comerciais de...

Música blues, soul, jazz ou rock encherá as rúas de Compostela este agosto no festival ‘Feito a man’

O festival "Feito a man" 2026 encherá de música e actividades gratuítas as rúas...

O destino definitivo das estatuas de Abraham e Isaac será o Museo do Pobo

O Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela foi o lugar elixido para...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here