InicioCULTURAGalicia Escena PRO reunirá a máis de 200 profesionais das artes escénicas...

Galicia Escena PRO reunirá a máis de 200 profesionais das artes escénicas en Santiago

A 11ª edición contará con 23 espectáculos e presentacións de proxectos entre o 27 e o 30 de maio

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de 200 profesionais da produción, distribución e programación das artes escénicas daranse cita en Santiago de Compostela do 27 ao 30 de maio para participar na 11ª edición de Galicia Escena PRO, a feira promovida pola Xunta de Galicia para favorecer a contratación de espectáculos galegos por parte de espazos culturais, circuítos e mostras de dentro e fóra da nosa Comunidade.

O mercado ofrece 20 espectáculos de diferentes disciplinas e formatos, tanto de compañías de ampla traxectoria como de novos nomes que se están a consolidar no actual panorama escénico galego, así como presentacións ‘pitching’ doutros 12 proxectos, dúas mesas redondas sobre os principais retos no eido da programación cultural, e un concerto a cargo de Sabela.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, adiantou hoxe os principais eixos deste ano, no que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude volve contar con Escena Galega como entidade coorganizadora. En representación desta asociación, interveu nesta presentación a súa presidenta, Patricia de Lorenzo. Participou, así mesmo, Ana Triñanes, quen volverá exercer o papel de “facilitadora” para propiciar e coordinar as reunións das compañías galegas inscritas con preto de 90 responsables de programación cultural de concellos, festivais, feiras e centros de exhibición públicos e privados procedentes de diferentes puntos de Galicia e doutras Comunidades autónomas.

Apertura ao público xeral

De feito, a catro días do comezo están xa pechadas 470 destas xuntanzas. Pero Galicia Escena PRO é tamén “un completo escaparate de espectáculos e unha gran festa para a nosa cultura, que inclúe moitas outras actividades arredor da dinamización das artes escénicas feitas no país”, sinalou o director de Industrias Culturais, ao tempo que lembrou a apertura da feira ao público xeral que, como en anos anteriores, poderá asistir de balde aos espectáculos programados.

Neste sentido, o piar do programa constitúeno as 23 propostas escénicas seleccionadas, das que 20 se representan en formato completo e outras 12 se compartirán exclusivamente cos profesionais acreditados nas dúas sesións de pitchings. No caso das compañías galegas, unha comisión nomeada por Escena Galega foi a encargada desta escolma, realizada a partir das máis de 70 solicitudes recibidas.

Este ano, ademais, Galicia Escena PRO desenvolve unha nova colaboración con Dansa València, que se suma a que se vén mantendo con MADferia de Madrid nos últimos anos. En virtude destes intercambios, a vindeira semana se presentarán en Santiago a compañía valenciana CienfuegosDanza con Madame e a madrileña Tropos, Teatro de Títeres con La ratita presumida.

En canto ás formacións galegas, atopamos na listaxe espectáculos de teatro para público adulto e para a rapazada, de monicreques e de máscaras, de circo e de danza e artes do movemento, así como propostas híbridas entre moi diferentes disciplinas artísticas. Moitas delas foron producidas, ademais, co apoio económico da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria anual de subvencións á creación escénica e do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego.

Espectáculos galegos seleccionados

Por orde cronolóxica, este ano actúan en Galicia Escena PRO Xarope Tulú con A teteira de Kabul, Os Náufragos Teatro con Noso, e A Feroz con Frío o luns 27; Paporrubio con E entón, un xardín, Elefante Elegante con Kyoki, Souvenir con Non é unha canción, SU.MA con Glamping, Antagonista Teatro con Insubmisa, e Paula Pier con Eu, Fraude! o martes 28; Raquel Ferradás & Amarelo con Mesura, Tanit Cobas con The Exposure, Barafunda Teatro con A vida, un frenesí, Sarabela Teatro con O dragón de ouro, Colectivo D’Elas con É difícil fotografar o baleiro o mércores 29, e Pérez & Fernández con Nanai da China, ButacaZero con O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, Fran Sieira, Compañía de Danza con Ceibe e Elvi Balboa con Anöa o xoves 30.

O público non acreditado que desexe asistir a estas funcións deberá retirar previamente os convites dispoñibles (un por persoa para cada espectáculo) en horario de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h. no Museo das Peregrinacións.

Polo que respecta aos proxectos que se avanzarán nas presentacións breves desta 11ª edición, o primeiro día de mercado será a quenda para #Influencers por NegroLópez, AI! Perfecto por Compañía Humana, Cortello de amor por AmorodioTeatro, Heroes en decembro por Ancoraxe e Vórtice Escénico, Reconversión por Ibuprofeno Teatro, Un deus salvaxe por Talía Teatro e Vitória por Iria Pinheiro. O xoves, a sesión de pitching correrá a cargo de DESFOGA con As terras do mar, SÖA con Collige virgo rosas, Furia Sotelo con Sobre o extravío ou a arte de perderse, Daniel Rodríguez con Traseúnte e Magia en la Manga con Triscos de maxia.

MESAS REDONDAS

Ambas as sesións terán lugar na sede profesional de Galicia Escena PRO, onde se celebrarán tamén dúas mesas redondas: ‘Os retos dunha programación cultural profesionalizada‘ o martes e ‘Inclusión e diversidade‘ o mércores.

Ademais do Museo das Peregrinacións, este ano a Igrexa da Universidade súmase como espazo de exhibición da feira aos xa habituais Auditorio Abanca, Salón Teatro e Teatro Principal. As prazas da Quintana e de San Martiño Pinario repiten, así mesmo, como escenarios para circo e danza, e a Sala Riquela para o concerto programado como actividade paralela, que desta volta ofrecerá Sabela na noite do mércores.

A programación completa pode consultarse na web galiciaescenapro.gal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here