InicioCULTURAO curso 'Airas Nunes Aula de Cámara' celebra en Santiago a súa...

O curso ‘Airas Nunes Aula de Cámara’ celebra en Santiago a súa décima edición con alumnado de 15 países

O encontro desenvolverase do 6 ao 11 de xullo na Escola de Altos Estudos Musicais e na sede da SGAE, con clases, recitais e concertos abertos ao público

Publicado o

Xornal de Compostela

O curso ‘Airas Nunes Aula de Cámara’ chegará este mes de xullo á súa décima edición en Santiago de Compostela. A cita desenvolverase entre os días 6 e 11 de xullo de 2026 e reunirá durante seis xornadas profesorado especializado e alumnado internacional en diferentes espazos da cidade.

A actividade terá como sedes principais a Escola de Altos Estudos Musicais e a sede da SGAE na capital galega, onde se impartirán clases de música de cámara e tamén sesións individuais. Nesta edición participarán máis de sesenta estudantes procedentes de 15 países, con presenza de alumnado chegado de diferentes puntos de Europa, así como de Estados Unidos, Taiwan ou Hong Kong.

O cadro docente estará integrado por profesionais con traxectorias recoñecidas no ámbito da interpretación e da formación musical. Na especialidade de piano participarán Claudio Martínez-Mehner e András Kemenes, mentres que nas especialidades de corda estarán Anna Gebert, Predrag Katanic e Xavier Gagnepain. O profesorado traballará co alumnado tanto repertorio de cámara como pezas solistas.

A programación desta décima edición incluirá tamén unha serie de concertos abertos ao público en distintos espazos de Santiago. O alumnado ofrecerá actuacións no auditorio do CGAC, mentres que os grupos de cámara bolseiros protagonizarán recitais en lugares como o Auditorio de Galicia, a Casa das Máquinas e o Teatro Principal.

O calendario de concertos comezará o 7 de xullo no Auditorio de Galicia e continuará os días 8 e 9 na Casa das Máquinas. O 10 de xullo, a programación trasladarase ao Teatro Principal. Todas estas citas serán ás 20:30. Pola súa banda, os últimos concertos do alumnado no CGAC celebraranse ás 12:00 e ás 20:00. A entrada será libre ata completar a capacidade dispoñible.

A Asociación Galega de Música de Cámara Airas Nunes, promotora da iniciativa, sitúa o curso como un espazo de aprendizaxe arredor dos valores asociados á música de cámara, entre eles o diálogo, a escoita, o acordo e o intercambio de ideas entre persoas de procedencias culturais diversas.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

O Concello destina máis de 727.000 euros a mellorar os centros educativos durante o verán

O Concello de Santiago está a aproveitar o período sen actividade lectiva de xullo...

Ames abre as axudas de ata 1.500 euros para familias numerosas e monoparentais

O Concello de Ames mantén aberto ata o próximo 14 de setembro o prazo...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

WOS Festival completa a súa novena edición con 26 proxectos repartidos por nove espazos de Santiago

O WOS Festival x SON Estrella Galicia pechou a programación principal da súa novena...

Novo “museo da arte urbana” nunhas galerías comerciais de Santiago

Oito novos murais, creados por artistas referentes de Galicia, transformaron unhas galerías comerciais de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here