InicioCULTURAA Xunta anuncia a elaboración do primeiro Plan Director do CGAC para...

A Xunta anuncia a elaboración do primeiro Plan Director do CGAC para o período 2026-2030

O documento definirá as novas estratexias do centro compostelán e abrirase á participación de artistas, comisarios e xestores culturais

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou este mércores que nos vindeiros días comezarán os traballos para elaborar o primeiro Plan Director do Centro Galego de Arte Contemporánea, situado en Santiago de Compostela. O documento, segundo avanzou no Pleno do Parlamento galego, abranguerá o período 2026-2030 e servirá para definir a nova folla de ruta deste ente público.

López Campos explicou que o plan se concibirá como unha ferramenta estratéxica para orientar a actividade do CGAC nos próximos anos e que se desenvolverá “en permanente diálogo e contacto co sector”. Segundo indicou, a Xunta busca con esta iniciativa dar resposta a unha demanda formulada desde o ámbito cultural e artístico, ao tempo que abre unha nova etapa no funcionamento do centro.

O titular de Cultura convidou os diferentes axentes culturais a participar no proceso de deseño do documento a través de achegas e suxestións. O obxectivo, sinalou, é que o novo ciclo do CGAC se caracterice por dar máis presenza e voz aos artistas, comisarios e xestores culturais.

A elaboración do Plan Director enmárcase nas primeiras medidas impulsadas pola nova dirección do centro, encabezada por Eva López Tarrío, que se converteu na primeira muller galega en ocupar este posto. López Campos destacou a súa formación e experiencia no ámbito da produción e da xestión cultural, e afirmou que “agora cómpre deixala traballar para que amose con feitos a valía do seu proxecto”.

O conselleiro defendeu que o propósito da nova directora é manter o CGAC como un equipamento cultural “de primeiro nivel” e dar continuidade á traxectoria dun centro que, ao longo de máis de tres décadas, se consolidou como un espazo de referencia para a arte contemporánea en Galicia. Nese sentido, asegurou que este obxectivo é compartido pola Consellería, polo Goberno galego e polo propio sector cultural.

Entre as liñas que se prevén para esta nova etapa, López Campos sinalou a vontade de reforzar a posición do CGAC como centro artístico de referencia no eixo atlántico. Para iso, a nova dirección traballará nunha programación orientada a unha maior internacionalización, á ampliación de alianzas con entidades culturais de referencia e á proxección da creación artística galega.

O conselleiro tamén apuntou que o novo ciclo do CGAC procurará impulsar a súa descentralización, tanto dentro como fóra de Galicia. Esta liña de traballo chega despois de que o centro fose recoñecido en 2025 como Insignia da cultura galega polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, a partir das valoracións recollidas no seu informe anual entre máis de 400 expertos e profesionais do sector cultural en España.

ÚLTIMAS

Santiago activa un servizo gratuíto para asesorar sobre contratos de aluguer desde o 15 de xuño

O Concello de Santiago porá en marcha a partir do 15 de xuño un...

Un incendio nunha vivenda de Conxo obriga a desaloxar o colexio Cardeal Quiroga Palacios

Un incendio nunha vivenda situada no barrio de Conxo, en Santiago de Compostela, obrigou...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

Vueling estrea a nova ruta entre Santiago e Xerez con dous voos semanais ata setembro

A aerolínea Vueling puxo en marcha este mércores a súa nova ruta entre Santiago...

Curtocircuíto presenta tres seccións para amosar a diversidade e o talento do cinema galego contemporáneo

A vixésimo terceira edición do festival internacional de cinema Curtocircuíto reforzará a súa aposta...

Santiago celebrará o Día do Xogo cunha tarde de actividades en Galeras para reivindicar o dereito da infancia a xogar

O Concello de Santiago celebrará o vindeiro venres 29 de maio unha nova edición...

O Auditorio de Galicia acolle este sábado un concerto de gran formato con máis de 300 artistas en homenaxe a Manuel María

O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela acollerá este sábado, 30 de maio,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here