InicioCULTURAA USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do...

A USC abre o prazo de inscrición nunha microcredencial sobre profesionalización do xogo no ámbito socioeducativo

O curso presencial celebrarase durante o mes de abril na Facultade de Ciencias da Educación e ofrece 30 prazas para persoas de entre 25 e 64 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela abriu o prazo de inscrición na Microcredencial Universitaria en Playworker: Introdución á profesionalización do xogo para o sector socioeducativo, unha proposta formativa centrada na capacitación profesional arredor do xogo como ferramenta educativa, social e comunitaria.

A actividade desenvolverase en modalidade presencial na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida, en Santiago de Compostela, os días 9, 10, 16, 23 e 30 de abril, en horario de 16:00 a 21:00. O curso dispón de 30 prazas e está dirixido a persoas de entre 25 e 64 anos, tanto en situación de desemprego como profesionais en activo que queiran actualizar ou ampliar a súa formación neste ámbito.

A microcredencial conta coa certificación da USC e está recoñecida con 2,5 créditos ECTS de validez europea, o que permite acreditar competencias especializadas nun campo que está a gañar presenza en contextos educativos, sociais e comunitarios.

O programa formativo combina contidos teóricos e actividades prácticas arredor da figura do playworker, un perfil profesional orientado a facilitar o xogo en diferentes espazos educativos, socioculturais, asistenciais, residenciais e comunitarios.

Durante as sesións abordaranse cuestións relacionadas coa importancia do xogo no contexto galego, a tipoloxía de xogos ao longo do ciclo vital, os xogos tradicionais e de mesa, o uso de xogos dixitais como recurso educativo, así como aspectos vinculados ao xogo e o risco, o xogo no espazo público, a sustentabilidade e distintos obradoiros prácticos.

Entre os contidos terá unha presenza destacada o patrimonio lúdico galego, entendido como un elemento cultural de relevancia e como un recurso educativo con potencial para o traballo social e pedagóxico.

PROFESORADO VINCULADO Á INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN DO XOGO

A dirección académica do curso está a cargo de Silvia López Gómez e Apolinar Varela, mentres que Pablo Gayo Pérez participa como persoal de apoio á coordinación e tamén como docente.

O programa contará cun cadro docente procedente do ámbito universitario e da divulgación do patrimonio lúdico, no que participan especialistas vinculados ao Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Entre eles figuran Manuela Vázquez Coto, Paco Veiga, Xosé López González e Manolo García Fernández, investigadores e divulgadores centrados na recuperación e estudo dos xogos e xoguetes tradicionais.

O equipo complétase con profesorado universitario como Jesús Rodríguez Rodríguez, catedrático que ofrecerá asesoramento pedagóxico ao alumnado; Raúl Fraguela Vale, docente e investigador da Universidade da Coruña, e o propio Apolinar Varela, cuxo traballo académico tamén se centra na investigación sobre o xogo e a educación.

Pola súa banda, Pablo Gayo Pérez e Silvia López Gómez abordarán nas sesións formativas o uso dos xogos dixitais e de mesa en contextos educativos e formativos, prestando especial atención ás cuestións relacionadas coa inclusión e a diversidade.

PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 16 DE MARZO

A matrícula para esta microcredencial ten un custo de 63,26 euros, cantidade que inclúe o seguro obrigatorio. A normativa contempla exención do 100% do prezo público para determinados colectivos, entre eles persoas desempregadas, con rendas baixas ou integrantes de familias numerosas.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 16 de marzo de 2026 a través da páxina web da Universidade de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Santiago anuncia a reapertura do parque de Bonaval tras o derrube

O Goberno local de Santiago anunciou a reapertura do parque de Bonaval, tras tres...

Santiago levará á Xunta de Goberno a proposta para declarar a cidade zona de mercado residencial tensionado

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que o Goberno local presentará na Xunta...

Santiago aprobará destinar un piso municipal a recurso habitacional para mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas LGBTIQ+

O Concello de Santiago aprobará na próxima reunión da Xunta de Goberno local que...

A MICE aposta polo rexistro antropolóxico e os sons en perigo na súa 21ª edición

A 21ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que se celebrará entre...

María Rozas preside a constitución do Consello Municipal de Mocidade

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here