InicioCULTURAO Museo Gaiás estrea unha experiencia sensorial sobre as estacións na arte...

O Museo Gaiás estrea unha experiencia sensorial sobre as estacións na arte galega

A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' reunirá máis de 80 obras de 63 creadores a finais de febreiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago acollerá a finais de febreiro a exposición ‘As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI’, unha proposta concibida como unha experiencia sensorial e inmersiva. Segundo avanzou a Xunta de Galicia, a mostra xoga coa colocación das obras no espazo, a temperatura, as cores, os sons e as texturas para construír un itinerario singular pola historia da arte galega recente. O percorrido abrangue desde o Movemento Rexionalista de principios do século pasado ata as xeracións actuais que destacan no panorama internacional.

A exposición reúne máis de 80 pezas procedentes das coleccións públicas e privadas máis relevantes de Galicia. Entre as colaboracións destacan as das Coleccións de Arte de Afundación e Abanca, así como achegas das fundacións María José Jove, Luís Seoane e Eugenio Granell. Tamén se exhiben fondos do CGAC, do Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo de Pontevedra, o Museo Provincial de Lugo e as galerías Nordés e Trinta.

A selección artística integra a figuras históricas de renome como Castelao, Eugenio Granell, Laxeiro, María Antonia Dans ou Luís Seoane. Xunto a eles, a mostra presenta creadores contemporáneos consolidados como Manuel Vilariño, Francisco Leiro, Antón Lamazares, Manolo Paz, Berta Cáccamo ou Menchu Lamas.

Ademais, o proxecto dá voz á creación máis actual con artistas plásticos como Mar Vicente e Rosendo Cid; cineastas e creadores visuais como Lois Patiño e as irmás Noa e Lara Castro de Lema; artistas sonoros como Berio Molina, e unha nova xeración de escultores representada por Mar Ramón Soriano e Pablo Barreiro. Esta combinación de xeracións e disciplinas busca ofrecer unha visión completa e anovada da paisaxe e o paso do tempo na plástica galega.

ÚLTIMAS

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

O sector asegurador reúne en Santiago a 400 profesionais para abordar os retos da dixitalización e da substitución xeracional

Compostela acolleu este xoves o XII Encontro Asegurador Galego, unha cita que reuniu arredor...

Santiago iniciará en xaneiro a reurbanización da rúa de Mallou cun investimento de 1,3 millóns de euros

O Concello de Santiago prevé iniciar a mediados de xaneiro de 2027 as obras...

A galería DUPLA inaugura este venres ‘Un corpo propio’, unha exposición de Yolanda Dorda sobre o corpo feminino

A galería DUPLA de Santiago de Compostela, situada no número 9 da rúa Fonte...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Dunha antena pendurada dun pau á UNESCO: os 30 anos do proxecto que uniu Galicia e Portugal a través da radio escolar

Houbo un tempo no que conectar dúas escolas separadas por unha fronteira requiría pouco...