InicioCULTURAChévere estreará en Santiago a obra 'Ictus' sobre a memoria e Castelao

Chévere estreará en Santiago a obra ‘Ictus’ sobre a memoria e Castelao

O Auditorio de Galicia acolle do 20 ao 22 de febreiro o novo espectáculo da compañía, unha coprodución co Centro Dramático Nacional que inicia en Compostela a súa xira por Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A compañía teatral Chévere presentará o vindeiro 20 de febreiro no Auditorio de Galicia a súa nova produción, Ictus (anatomía de ‘A derradeira leición’ de Castelao). O espectáculo permanecerá en cartel ata o día 22 e supón o arranque dunha xira que percorrerá distintas localidades galegas nas semanas posteriores.

A proposta escénica aborda como se constrúen as narrativas da memoria, tomando como eixo simbólico o cadro A derradeira leición do mestre, a última pintura asinada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao durante o exilio, cando xa sufría unha grave perda de visión. A partir desa peza, a obra propón unha reflexión sobre os mecanismos de transmisión do recordo e a súa reinterpretación no tempo.

O espectáculo está realizado en coprodución co Centro Dramático Nacional de Madrid e conta coa dirección de Xron. O elenco está integrado por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Marcos Pereira, Xema Santos e Borja Fernández. Segundo informou a compañía, as entradas para as funcións en Santiago xa están esgotadas.

Tras a estrea compostelá, Ictus poderá verse en Pontevedra (Auditorio Afundación, 27/02), Carballiño (Auditorio Municipal, 28/02), Vigo (Sala Ártika, 6, 7, 8, 13, 14, 15 e 16/03), A Coruña (Teatro Rosalía de Castro, 20 e 21/03), Cangas (Auditorio Municipal, 11/04), Lugo (Auditorio Gustavo Freire, 16/04), Ourense (Teatro Principal, 17 e 18/04), Ames (Casa da Cultura de Bertamiráns, 8 e 9/05) e Narón (Pazo da Cultura, 17/05).

Ademais das funcións abertas ao público, o Auditorio de Galicia programará pases escolares os días 23 e 24 de febreiro, ampliando así o alcance educativo da proposta. A obra tamén está prevista para a súa exhibición en Madrid na próxima tempada, segundo avanzou a compañía.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...