InicioCULTURAO Concello de Santiago abre o prazo para participar no desfile-concurso do...

O Concello de Santiago abre o prazo para participar no desfile-concurso do Entroido 2026

As bases, publicadas no BOP, recollen un incremento dos premios até os 16.000 euros e novas categorías, entre elas a dirixida a centros de ensino

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela abriu este venres o prazo de inscrición para o desfile-concurso do Entroido 2026, logo da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde este sábado, 24 de xaneiro, e até o 30 de xaneiro, a través da sede electrónica municipal ou por calquera dos procedementos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

A principal novidade desta edición é o incremento da dotación económica, que pasa de 14.000 a 16.000 euros. O maior aumento concéntrase na categoría de comparsas do Concello, cuxos premios se equiparan por primeira vez aos das agrupacións procedentes doutros municipios. O primeiro premio á mellor comparsa establécese en 1.600 euros.

As bases introducen tamén un cuarto premio, dotado con 700 euros, ampliando así o número de recoñecementos. No apartado de carrozas, o primeiro premio ascende a 2.000 euros. En canto aos disfraces, o mellor de grupo recibirá 700 euros, mentres que os disfraces individual e de parella contarán cun premio de 300 euros cada un.

Outra das incorporacións deste ano é a creación dunha categoría específica para centros de ensino, que contará con dous premios: un primeiro de 500 euros e un segundo de 300 euros, co obxectivo de fomentar a participación da comunidade educativa no Entroido compostelán.

A valoración das propostas corresponderá a un xurado, que terá en conta criterios como o deseño, a composición, o colorido, a investigación, a orixinalidade, a imaxinación, así como a posta en escena, a coreografía e a harmonía do conxunto.

O desfile do Entroido celebrarase o martes 17 de febreiro, con inicio ás 17:30 na Avenida de Ferrol. Desde alí, o percorrido avanzará polas rúas Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para concluír na avenida de Xoán Carlos I, no centro de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compos vence ante o Alondras (3-0) no Vero Boquete e rompe a mala xeira de resultados

A SD Compostela regresou á senda da vitoria no estadio Verónica Boquete de San...

Queremos Galego presenta en Santiago o protocolo ‘Lingua Vital’ para responder á “emerxencia lingüística”

A plataforma cidadá Queremos Galego celebrou este sábado na praza da Quintana de Santiago...

A campaña municipal ‘Ler para Crecer’ reúne máis de 2.800 participantes nas súas actividades

A XX Campaña Municipal de Animación á Lectura ‘Ler para Crecer’, organizada polo Concello...

Médicos galegos volven manifestarse en Santiago e esixen negociar para parar a folga

Médicos de atención primaria e hospitalaria volveron mobilizarse este sábado en Santiago de Compostela...

A campaña municipal ‘Ler para Crecer’ reúne máis de 2.800 participantes nas súas actividades

A XX Campaña Municipal de Animación á Lectura ‘Ler para Crecer’, organizada polo Concello...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

Fotowalk Galicia organiza en Santiago un obradoiro de fotografía de rúa centrado na narrativa visual

A comunidade fotográfica Fotowalk Galicia celebrará en Santiago de Compostela un novo obradoiro formativo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here