InicioSANTIAGOSemana Santa de Santiago 2026: do 29 de marzo ao 5 de...

Semana Santa de Santiago 2026: do 29 de marzo ao 5 de abril con 17 procesións

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, subliñou que a Semana Santa é un momento de "encontro e de celebración", pero tamén de encontro nas rúas de "aqueles que acompañan, expresan e manifestan a súa fe a través dos distintos pasos das confrarías"

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Confrarías de Santiago presentou o cartel da Semana Santa 2026, que terá lugar do 29 de marzo ao 5 de abril, e que contará con 17 procesións.

Segundo indicou a presidenta da Xunta de Confrarías, Elena Bermúdez, “en principio todo vai ser igual que en 2025”, salvo “algunha cousa de última hora que obrigue a modificar algo”. Así, vai haber 17 procesións cos mesmos percorridos e horarios.

Neste contexto, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, subliñou que a Semana Santa é un momento de “encontro e de celebración”, pero tamén de encontro nas rúas de “aqueles que acompañan, expresan e manifestan a súa fe a través dos distintos pasos das confrarías”.

Por iso, convidou a todos aqueles que se achegan a Santiago durante esas datas como peregrinos ou turistas, a “participar e visibilizar unha fe que se expresa precisamente con humildade, claridade e unha identidade indiscutible”.

Ademais, Prieto agradeceu o “traballo colaborativo” da corporación municipal, as autoridades autonómicas e os corpos e forzas de seguridade do Estado durante esas datas. “Unha Semana Santa non son soamente seis día intensos senón todo un ano que ten vida”, concluíu.

O CARTEL

Neste sentido, o irmán maior da Confraría da Humildade, Rubén Marcuño, explicou a composición do cartel que ten como obxectivo “facer un chamamento á peregrinación”, xa que este ano precede a un ano santo.

“No fondo temos a pedra de Santiago sobre a que pisamos durante a Semana Santa; despois temos a cuncha, que tamén está nesa pedra; o marco principal da nosa Señora da Humildade, que é de cor de bronce, igual que a cuncha; e acompañada dese incenso, co que se transcorre polo centro histórico durante esas datas”, detallou.

A continuación, sinalou que querían que se visen nela os detalles da cidade, como son a pedra que se pisa ao camiñar pola capital galega, a cuncha que indica as entradas do camiño e o incenso que acompaña cada mércores santo.

ÚLTIMAS

O Concello destina 3 millóns á compra de edificios baleiros na cidade histórica para crear vivenda pública en alugueiro

O Concello de Santiago destinará 3 millóns de euros á adquisición de edificios baleiros...

O PSOE leva ao pleno o estado da Alameda e reclama un mantemento “activo, continuado e rigoroso”

O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno ordinario de xuño a situación da Alameda...

As traballadoras do téxtil avalían novas mobilizacións tras levantar a acampada trasladada a Santiago

As representantes dos traballadores do sector téxtil estudan cos persoais a definición dunha nova...

Santiago licita por 1,3 millóns a xestión e a vixilancia do centro para persoas sen fogar de Belvís

O Concello de Santiago vén de aprobar o inicio da licitación de dous contratos...

A biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do cómic checo

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou este martes a aposta que está...

A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia a mostra ‘Cousas do tempo’ con mapas meteorolóxicos históricos de Lavacolla

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora xeral de Enerxías Renovables...

‘La península de las casas vacías’ e ‘A noite das cebolas’ gañan ex aequo o Premio de Novela Europea do Casino de Santiago

A novela La península de las casas vacías, publicada por Editorial Siruela e asinada...