InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOAbre o Museo Diocesano de Santiago con xoias do barroco en San...

Abre o Museo Diocesano de Santiago con xoias do barroco en San Martiño Pinario

O novo espazo permite visitar pezas emblemáticas como o retablo maior e a sillería de coro do século XVII.

Publicado o

Xornal de Compostela

Xoias destacadas do barroco, como o retablo maior da Igrexa de San Martiño Pinario, considerado obra cume deste estilo, e a monumental sillería de coro realizada por Mateo de Prado no Século XVII poden visitarse no Museo Diocesano de Santiago de Compostela. O espazo, situado en San Martiño Pinario, foi inaugurado este xoves polo Arcebispado de Santiago e a Fundación Catedral nun acto no que participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e ao que asistiron numerosas autoridades como civís e militares, ademais do propio Arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto.

Esta iniciativa, impulsada no marco do programa Compostela Sacra, nace coa vocación de conservar, estudar e difundir o patrimonio histórico-artístico da Igrexa compostelá. “Este museo quere ser un xesto de apertura”, destacou o arcebispo compostelán, que dixo que a Igrexa de Santiago “quere ofrecer o seu patrimonio como un ben compartido ao servizo do ben común”.

O Arcebispado explicou que a sede museo non é casual, xa que se sitúa no complexo monumental de San Martiño Pinario, un dos grandes conxuntos arquitectónicos de Galicia e de España. A orixe do antigo mosteiro benedictino de San Martiño Pinario remóntase aos inicios da Compostela medieval, vinculados ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago no século IX, aínda que a igrexa actual data do século XVI.

“PROXECTO MADURADO DURANTE DÉCADAS”

Aínda que a súa inauguración materializouse este xoves, o Arcebispado destacou que o Museo Diocesano de Santiago é o resultado dun proxecto concibido fai máis de trinta anos. Así, na década dos noventa expúxose a posibilidade de dar un espazo museístico a estes espazos, que durante anos acolleron exposicións temporais. Tras un longo proceso de planificación e adecuación, o proxecto ve a luz como primeira fase dun museo concibido a longo prazo. E é que, conforme indicou o arcebispo, terá unha segunda fase coa creación dun taller de pezas en risco de conservación e, ademais, prevese que se amplíe o espazo expositivo coa apertura a pública dunha zona descoñecida do xardín.

“REFERENTE DO TURISMO CULTURAL E ESPIRITUAL”

No acto, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou este proxecto como unha “peza fundamental para completar a experiencia dos visitantes peregrinos que chegan á capital galega”. Así, destacou que estas novas infraestruturas reforzan a Santiago como destino de referencia do turismo cultural e espiritual”, pondo en valor “un dos patrimonios máis significativos de Galicia”. Rueda puxo en valor que o centro integrarase plenamente no Sistema Galego de Centros Museísticos e será, xunto ao Museo da Catedral e o das Peregrinacións, “clave para seguir entendendo, interpretando e gozando o fenómeno xacobeo”.

“MARCA DE PEREGRINOS”

O presidente aproveitou a súa intervención para facer referencia ao número de peregrinos que chegaron a Compostela o pasado ano, que cualificou de “histórico”. Lembrou que, segundo os datos oficiais da Oficina do Peregrino, o Camiñou pechou 2025 con 530.987 compostelas entregadas, o que supón un crecemento do 6 % respecto ao ano anterior. Rueda destacou que “o Camiño está máis vivo que nunca” e que ten “aínda un enorme horizonte por diante”.

Así, destacou a internacionalización –o 57 % proceden de fóra de España– e a súa diversificación, xa que aínda que o Camiño Francés segue sendo o emblema, rutas como o Camiño Portugués da costa crecen a un ritmo espectacular; e a súa desestacionalización, dado o incremento de visitantes en meses como xaneiro (+31 %) ou abril (+28 %). Con estas cifras, sinalou que Galicia xa traballa “intensamente” na preparación do Xacobeo 2027, un reto que cualificou de “maiúsculo”.

HORARIO E ENTRADAS

O Museo Diocesano abre ao público de luns a venres en horario de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 18.00 horas, e os sábados de 10.00 horas a 14.00 horas. Ofrece visitas guiadas tanto pola mañá como pola tarde. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes, na web museodiocesano.gal e tamén a través de catedraldesantiago.es, onde se ofrece información adicional e materiais descargables como guías de visita.

ÚLTIMAS

O Compos impónse ao Arousa na Lomba e recupera o liderado cun dobrete de Guisande

O SD Compostela conseguiu un triunfo de relevancia na Lomba tras vencer por 0-2...

“Temos que seguir denunciando que Palestina continúa ocupada, que Gaza continúa asfixiada”

Un centenar de persoas, concentráronse en Santiago para mostrar o seu apoio á nova...

A Xunta defende o proxecto de planta de residuos en Teo: “Se xeramos residuos hai que tratalos tamén”

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, defendeu o proxecto da...

Rosa Crujeiras convértese na primeira reitora da USC cunha gran “responsabilidade histórica”

A catedrática de Estatística Rosa Crujeiras tomou posesión este venres como nova reitora da...

Rosa Crujeiras convértese na primeira reitora da USC cunha gran “responsabilidade histórica”

A catedrática de Estatística Rosa Crujeiras tomou posesión este venres como nova reitora da...

O Concello de Santiago declara en ruína unha vivenda en Caramoniña e sácaa a poxa pública

O Concello de Santiago acordou a declaración de ruína dunha vivenda situada no número...

O concurso do Conector Central avanza coa selección de cinco propostas finalistas

O proceso para a transformación do denominado Conector Central de Santiago de Compostela continúa...