InicioSOCIEDADEMartin Garrix e Maroon 5 encabezan un Gozo Fest que aspira a...

Martin Garrix e Maroon 5 encabezan un Gozo Fest que aspira a consolidar Santiago como referente musical internacional

O festival volverá ao Monte do Gozo o 11 de xullo e abrirá a venda de entradas o 19 de decembro, con preventa exclusiva dous días antes

Publicado o

Xornal de Compostela

Martin Garrix, Maroon 5, Rita Ora, Danny Ocean e Miriam Rodríguez actuarán o próximo 11 de xullo en Santiago con motivo da cuarta edición do Gozo Fest. A iniciativa enmárcase entre os denominados Concertos do Xacobeo. As entradas sairán á venda o próximo 19 de decembro ás 10.00 a través de Ticketmaster, El Corte Inglés e Ataquilla. Dous días antes, o 17, abrirase unha preventa limitada mediante a plataforma Live Nation con tickets desde 45 euros sen gastos de xestión incluídos.

O presidente de Galicia, Alfonso Rueda, presentou e promocionou o festival a través das redes sociais. Nun vídeo que mestura imaxes dos artistas anunciados co propio presidente falando. “Logo non digades que non vos avisei con tempo”, advertiu Roda aos fans. O proxecto, que conta coa colaboración da Xunta, aglutinou a máis de 170.000 persoas nas tres edicións anteriores. Robbie Williams, Ed Sheeran, David Ghetta ou Maná son algúns dos artistas que participaron en anos precedentes.

O impacto mediático do festival, segundo a Xunta, é “enorme”. Pois o traballo realizado permitiulles, ao seu entender, “proxectar a marca Galicia a nivel nacional e internacional”. O propósito que se marcan de cara ao 2026 é o establecerse como “punto de encontro” de cantantes e artistas internacionais de renome. Conformar unha “programación plural” que abarque distintos públicos obxectivo e estilos musicais é, á súa vez, outro dos obxectivos que difunde a Xunta na súa nota.

MESTURA DE ESTILOS

Maroon 5, gañadores dun Grammy, e Rita Ora, a través de singles como Anywhere, porán a vertente de pop ao festival. A banda estadounidense é, segundo o comunicado, unha das “máis exitosas do s.XXI”. Danny Ocean, cantante da produtora Atlantic Records, é o reggetonero seleccionado para a ocasión. O venezolano chegou á fama a través de Me Rehúso, unha canción con máis de dous billóns de reproducións en Spotify.

Martin Garrix, pola súa banda, é dj. “Un dos máis exitosos da escena pop e electrónica“, en palabras da Xunta. Non será a primeira vez que o neerlandés actúe no Monte do Gozo, pois xa o fixo en 2023 con motivo do festival O Son do Camiño. Miriam Rodríguez pecha un cartel “de luxo”, segundo o comunicado. A de Pontedeume iniciou a súa carreira musical tras pasar por Operación Triunfo e, actualmente, é “unha das voces máis destacadas” do panorama artístico nacional.

ÚLTIMAS

Publicada no BOE a declaración de Santiago como zona de vivenda tensionada, que entra en vigor o xoves

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a declaración de zona de mercado residencial...

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santalices exercerá por cuarta vez como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

A Catedral de Santiago acollerá este sábado, 25 de xullo, a tradicional Ofrenda Nacional...