InicioCULTURAEnfócate 2025 reúne na Cidade da Cultura a nova xeración do talento...

Enfócate 2025 reúne na Cidade da Cultura a nova xeración do talento visual galego

A xornada consolidou a súa traxectoria como encontro educativo de referencia, cun amplo programa de obradoiros e masterclasses orientadas a conectar o alumnado coa realidade profesional da fotografía e do audiovisual

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura acolleu este mércores Enfócate 2025, unha proposta que reforza o seu papel como plataforma educativa clave no ámbito da fotografía e das artes visuais en Galicia. A iniciativa enmárcase no novo Plan EDUC-ART impulsado pola Consellería de Educación, que procura fortalecer a conexión entre centros formativos, profesionais do sector e empresas vinculadas á creación visual.

O encontro nace da colaboración entre a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, situada en Santiago, e González Almacén Fotográfico, contando tamén co apoio do CIFP Imaxe e Son da Coruña. A orixe do proxecto remóntase a “FotoEscola”, ideado por Juan Adrio —actual director da EASD Mestre Mateo— e Pablo González. A boa acollida daquela primeira experiencia derivou nun formato máis amplo e especializado, que hoxe se consolida como Enfócate.

Adrio explicou que a organización combina recursos públicos e privados para facilitar a participación do alumnado: “A Consellería achega espazos, transporte e loxística, mentres que as marcas convidadas traen aos seus embaixadores para amosar as novidades en fotografía, vídeo, iluminación ou son”. Como novidade, esta edición incorporou un taller específico para profesorado impartido polo especialista belga Frederic Vaneesbeck, dentro dunha iniciativa promovida por Canon Europa.

O modelo formativo destaca polo seu enfoque práctico e pola proximidade coa realidade laboral. Segundo Adrio, o evento pretende ofrecer ao alumnado “un primeiro paso para enfocar o seu futuro profesional dentro dun sector moi diverso”, con obradoiros que abarcan desde fotografía arquitectónica ou social ata videografía publicitaria.

A edición deste ano contou coa participación de recoñecidos especialistas internacionais. Entre eles, Álvaro Sanz desenvolveu un taller sobre técnica e cinematografía documental; Gus Geijo compartiu o seu método de traballo na fotografía de moda e beleza; e Jaime de Diego analizou erros habituais nas sesións de acción e deporte.

Tamén pasaron pola Cidade da Cultura os embaixadores Jake & Claud, centrados na iluminación continua; Joan Vendrell, que afondou no proceso de profesionalización na fotografía; María Presser, que expuxo o papel da intelixencia artificial como ferramenta creativa; e Santi Veiga, cun completo obradoiro sobre narrativa visual e dispositivos como gimbais ou sliders.

A xornada pechouse coa Master Class de Andrea Font, embaixadora de Sony e directora de Full Frame Studio, quen compartiu a súa experiencia en proxectos documentais, campañas publicitarias e producións de gran formato. A creadora, cunha ampla comunidade en redes, converteuse no colofón dunha edición que reafirma Enfócate como un espazo de aprendizaxe e innovación para alumnado e profesorado de toda Galicia.

ÚLTIMAS

O Pleno volve rexeitar o pago do recoñecemento extraxudicial de crédito

O pleno extraordinario do Concello deste xoves volveu rexeitar o expediente de recoñecemento extraxudicial...

O Pleno de Santiago aproba por unanimidade o traspaso á Xunta da atención sanitaria en drogodependencias

O Pleno extraordinario celebrado hoxe no Concello de Santiago aprobou por unanimidade o traspaso...

O Concello abre dous meses de exposición pública para as modificacións do Plan Especial do Camiño Francés

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Santiago, Iago Lestegás, anunciou a apertura dun...

O Santiago (é)Tapas volve en febreiro con novas categorías e unha campaña de 65.000 manteliños promocionais

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou esta mañá a campaña de...

O Santiago (é)Tapas volve en febreiro con novas categorías e unha campaña de 65.000 manteliños promocionais

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou esta mañá a campaña de...

David Fiúza será de novo o director da Banda Municipal de Música de Santiago

A Xunta de Goberno Local aprobou a designación de David Fiuza Souto como novo...

Santiago impulsa tres paseos literarios para recuperar a memoria da escritora e xornalista Concha Castroviejo

O Concello de Santiago presentou este martes unha nova iniciativa dedicada a rescatar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here