InicioCULTURAA USC convoca a terceira edición do seu Certame de grupos musicais

A USC convoca a terceira edición do seu Certame de grupos musicais

O prazo para presentar propostas estará aberto ata o 7 de xaneiro e os finalistas actuarán na Primavera Cultural 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela mantén a súa aposta pola creación musical dentro da comunidade universitaria coa convocatoria, por terceiro ano consecutivo, do Certame de grupos musicais da USC, promovido pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura. O obxectivo da iniciativa é dar visibilidade a artistas e bandas de música moderna formadas por membros da universidade, especialmente do estudantado.

As persoas interesadas poderán presentar candidaturas individuais ou en grupo ata o 7 de xaneiro de 2026. No caso das formacións, deberán estar compostas por polo menos dous integrantes da comunidade universitaria, ou tres cando o grupo teña cinco ou máis membros. O certame contempla tres premios económicos de 800, 450 e 250 euros, que se outorgarán ás mellores propostas segundo a valoración do xurado.

As bases establecen que cada participante só poderá presentar unha proposta musical orixinal e non premiada anteriormente, e non poderán concorrer quen resultase gañador noutras edicións nin quen teña traballos discográficos editados, salvo se foron autoeditados e sen apoio discográfico na actualidade.

O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. Na primeira, o xurado realizará unha preselección de tres finalistas atendendo a criterios de orixinalidade e instrumentación (3,5 puntos), afinación e execución (3,5), posta en escena (2) e uso do galego (1). Na segunda fase, as propostas finalistas actuarán en directo nun concerto da Primavera Cultural 2025, cunha intervención de ata dez minutos, da que sairán os tres proxectos premiados.

Nas edicións anteriores, o certame recoñeceu a traxectoria de bandas e artistas emerxentes da USC. En 2023 o primeiro premio foi para ‘The Displacements’, seguidos de ‘Aprendiz’ e Diego Flâneur, mentres que en 2024 o grupo Ginko Biloba se fixo co galardón principal, acompañado novamente por Aprendiz e Why not? nos seguintes postos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here