InicioCULTURAO documental 'Sempre en Galicia' reivindica no Museo do Pobo o legado...

O documental ‘Sempre en Galicia’ reivindica no Museo do Pobo o legado do galeguismo na emigración

A obra de Xan Leira, que se proxectará este xoves ás 19:00, conmemora os 75 anos do histórico programa radiofónico creado polo exilio galeguista en Montevideo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Auditorio do Museo do Pobo Galego acollerá mañá, ás 19:00, a estrea do documental Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración, dirixido por Xan Leira. A película rende homenaxe ao histórico programa radiofónico Sempre en Galicia, creado en 1950 no Río da Prata polo exilio galeguista e republicano, e que continúa emitíndose de forma ininterrompida setenta e cinco anos despois.

A través de imaxes de arquivo e entrevistas, o filme recupera a memoria dun espazo que se converteu nun símbolo de resistencia cultural e política, ao manter viva a lingua e a identidade galega entre a diáspora. Durante décadas, o programa foi o único espazo radiofónico en galego fóra das fronteiras do país, servindo de ponte emocional entre as comunidades emigradas e Galicia.

O documental, producido por Memoria Documental de Galicia S.L. coa colaboración da Xunta de Galicia e o Patronato de Cultura Galega de Montevideo, recolle os testemuños de Antonio ‘Toni’ de Seárez, Ana Lorenzo e Francis Queijo, actuais responsables do programa, así como do presidente do Patronato, José Piñeiro. Tamén participan Mónica Rebolo, autora de Bos días galegos, eiquí sempre en Galiza; Cristina Samuelle, autora de Conversas con Manuel Meilán, e antigos colaboradores como Lois Tobío Fernández, Xoán Martínez Castro, Yolanda Díaz Gallego, Manuel Suárez Suárez, José-María Monterroso Devesa, Carlos Sixirei Paredes e Fernando Novo.

A proxección insírese dentro das actividades conmemorativas polo 75 aniversario do programa ‘Sempre en Galicia’, unha das iniciativas máis duradeiras do galeguismo no exilio e un referente do pensamento e da cultura galega no exterior.

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

A biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do cómic checo

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou este martes a aposta que está...

A Xunta inaugura no Arquivo de Galicia a mostra ‘Cousas do tempo’ con mapas meteorolóxicos históricos de Lavacolla

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a directora xeral de Enerxías Renovables...

‘La península de las casas vacías’ e ‘A noite das cebolas’ gañan ex aequo o Premio de Novela Europea do Casino de Santiago

A novela La península de las casas vacías, publicada por Editorial Siruela e asinada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here