InicioCULTURAA USC acollerá un acto de homenaxe a Emilio Cao, pioneiro da...

A USC acollerá un acto de homenaxe a Emilio Cao, pioneiro da arpa celta en Galicia

A Facultade de Xeografía e Historia e aCentralFolque lembran este martes a figura do músico compostelán cun encontro e recital no Paraninfo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela acollerá o martes 15 de outubro ás 19:00 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia un acto de lembranza dedicado a Emilio Cao, un dos nomes fundamentais da música galega contemporánea e pioneiro na introdución da arpa celta no folk galego. A iniciativa, organizada pola Facultade de Xeografía e Historia en colaboración coa Central Folque, conta con entrada libre e pretende recoñecer a traxectoria dun artista que marcou unha época e deixou unha profunda pegada cultural.

Natural de Santiago de Compostela e antigo alumno da USC, Emilio Cao colaborou en múltiples ocasións coa Universidade, participando en proxectos como Galego no mundo. Latim em pó e en diversos seminarios de música galega impulsados pola profesora Pilar Alén.

O acto estará estruturado en tres partes. A primeira incluirá unha mesa institucional e familiar, coa presenza de Antonio Míguez, decano da Facultade; Federico López, do Departamento de Historia da Arte; e Mateo Cao, familiar do músico e realizador dunha peza audiovisual documental sobre a súa figura.

Na segunda parte intervirán persoas próximas a Emilio Cao e ao seu legado artístico: o docente Elías Torres, amigo persoal do músico; o tamén intérprete e compositor Bieito Romero; a escritora e dinamizadora cultural Branca Novoneyra; e o musicólogo Xavier Groba, quen analizará a contribución de Cao á renovación do folk galego.

O acto pecharase cun recital de arpa a cargo de Nuria de León, Bleuenn Le Friec e Manuel Vilas, tres intérpretes que darán forma musical ao espírito dunha homenaxe que une recordo, creación e comunidade arredor dunha das voces máis singulares da música galega moderna.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

A Banda Municipal de Santiago une música e ilustración nunha tempada con Kiko da Silva como colaborador

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dedicará a súa tempada 2026-2027...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here