InicioCULTURAO Concello lanza 'Trompa C', unha nova programación familiar que fará de...

O Concello lanza ‘Trompa C’, unha nova programación familiar que fará de Compostela un “grande escenario”

A iniciativa, presentada pola concelleira de Turismo e Cultura, Míriam Louzao, propón máis de trinta actividades teatrais, musicais e de circo para o público infantil e familiar baixo o lema da diversidade e o dereito á cultura

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este xoves a nova programación ‘Rolda C’, un ciclo de actividades culturais destinado a público familiar que se desenvolverá ao longo de todo o ano en diferentes espazos da cidade. A iniciativa, impulsada pola área de Cultura e Turismo, busca “facer de Compostela un gran escenario” e reivindicar o acceso á cultura como un dereito desde a infancia.

A concelleira Míriam Louzao destacou que o proxecto está concibido como “unha viaxe chea de teatro, circo, música, danza e imaxinación”, protagonizada por cinco personaxes creadas para a ocasión: Pili Pó, Gael Poalla, Octavia Altiora, Lupa e Quercus de Conxo. Estes seres —“unha polviña, unha pinga, unha estrela de oito puntas, unha raíña loba e un carballo centenario”— simbolizan diferentes formas de mirar o mundo desde Compostela: a curiosidade, a empatía, a reflexión, a valentía e a sabedoría.

Louzao explicou que Tropa C é un universo que agrupa diversas liñas de programación. Así, haberá ‘Tropa C no Patio de Butacas’, con espectáculos de teatro, monicreques, circo e música; ‘Tropa C na Casa’, con propostas de rúa e danza na Casa das Máquinas; ‘Tropa C por primeira vez’, deseñada para crianzas de ata tres anos; ‘Tropa C no Ensino’, o programa didáctico que cada tempada achega as artes escénicas aos colexios; e ‘Tropa C co Apego’, centrada en actividades en lingua galega.

En total serán máis de trinta actividades, a maioría de balde ou con prezos accesibles, que se desenvolverán en espazos como o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal, a Casa das Máquinas e diversas prazas e rúas da cidade. “A cultura é un dereito que tamén debe chegar, e de maneira especial, aos máis pequenos e pequenas”, subliñou Louzao, quen puxo o acento en ofrecer propostas “non mediadas por pantallas nin por lóxicas mercantilistas”.

Pola súa parte, o director xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, explicou que o programa suma 34 actividades e “supera mesmo o número de concertos do abono da Real Filharmonía”. Defendeu que esta aposta “sitúa a programación familiar en igualdade de importancia que a de adultos”, porque “é a ferramenta coa que creamos hábitos culturais saudables e espazos de encontro”.

López sinalou tamén que a Casa das Máquinas se converterá nun “punto de referencia para o xogo libre e os espectáculos de pequeno formato”, e que o ciclo arranca xa esta semana co espectáculo de danza Badabag, da compañía Ara Cala Danza. As entradas para o primeiro semestre, que se estende ata decembro, están xa á venda, mentres que as do segundo semestre sairán en decembro.

A concelleira anunciou, ademais, que dentro da programación se celebrará un ano máis a Gran Gala do Circo, coordinada por Pista Catro, compañía recentemente galardoada co Premio Nacional de Circo 2025, á que trasladou os seus parabéns “polo seu traballo e pola súa contribución a unha tradición moi viva en Compostela”.

Louzao concluíu agradecendo o labor do equipo de Compostela Cultura, do Auditorio de Galicia e da cooperativa STH, responsable do deseño da ‘Tropa C’, coa ilustración de Paula Cheixtr. Segundo afirmou, o obxectivo é que estas personaxes “acompáñennos noutras actividades municipais e axuden á rapazada a coñecer desde ben pequenos os espazos públicos, os servizos e a riqueza cultural da súa cidade”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here