InicioCULTURANetflix estrea 'El caso Asunta', con Candela Peña e Tristán Ulloa como...

Netflix estrea ‘El caso Asunta’, con Candela Peña e Tristán Ulloa como protagonistas

A serie relata a historia do caso Asunta, dende que Basterra e Porto denuncian a desaparición da súa filla ata o momento en que son xulgados

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Netflix estrea este 26 de abril unha miniserie de seis episodios, coproducida por Bambú Producciones, baseada no caso máis mediático e calafriante da cidade de Santiago: o crime de Asunta Basterra, a menor de 12 anos asasinada en Teo polos seus proxenitores.

A serie ten como protagonistas a Tristán Ulloa, no papel de Alfonso Basterra, o pai da menor, e a Candela Peña, no papel de Rosario Porto, a nai. Conta ademais con outros importantes actores de reparto galegos e españois como Javier Gutiérrez, María León, Carlos Blanco, Alicia Borrachero ou Raúl Arévalo. Está dirixida por Ramón Campos, coñecido por series como Fariña, Las chicas del cable ou Velvet, un noiés atraído polo caso tras vivir durante catro anos na capital galega.

Esta producción, que pode verse na plataforma dende hoxe, relata en forma de ficción, a historia do caso Asunta, dende que Basterra e Porto denuncian a desaparición da súa filla, o 21 de setembro de 2013, ata o momento en que son xulgados.

A serie foi rodada en exteriores e interiores da cidade de Santiago entre os meses de xullo e outubro de 2023, momentos no que a cidade puido revivir algúns dos incómodos recordos que a veciñanza gardaba no recordo dende hai xa unha década.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

A Banda Municipal de Santiago une música e ilustración nunha tempada con Kiko da Silva como colaborador

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela dedicará a súa tempada 2026-2027...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here