InicioCULTURAA RAG outorga ao CEIP Milladoiro de Malpica o novo premio ‘Na...

A RAG outorga ao CEIP Milladoiro de Malpica o novo premio ‘Na lingua que eu falo’

A institución reivindica neste Día Europeo das Linguas a oficialidade plena do galego en Europa

Publicado o

Xornal de Compostela

A Real Academia Galega (RAG) conmemora este venres o Día Europeo das Linguas cunha nova iniciativa: a creación do Premio ‘Na lingua que eu falo’, que na súa primeira edición recoñece o traballo do CEIP Milladoiro de Malpica.

Segundo explicou a institución, o galardón nace co obxectivo de premiar proxectos e experiencias que impulsen o galego entre a poboación infantil, tanto no eido escolar como noutros espazos. A resolución desta primeira edición coincide coa data conmemorativa e, ao tempo, a RAG aproveitou a ocasión para reclamar “un maior compromiso, desde a Unión Europea e desde Galicia, coa defensa do idioma propio”.

O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, lembrou que se atopa en tramitación a solicitude para o recoñecemento oficial do galego e do resto das linguas cooficiais do Estado español en Bruxelas. “Esta conmemoración é unha boa ocasión para reivindicar, unha vez máis, a plena oficialidade da nosa lingua en todas as institucións europeas”, indicou.

Sobre o recoñecemento ao centro de Malpica, Monteagudo puxo en valor “o bo facer do profesorado” e recalcou que se trata tamén dun “premio ao conxunto da súa comunidade educativa”, que poderá actuar como “espello” para outras iniciativas de promoción do galego na infancia.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...