InicioCULTURAAs Festas da Rúa de Abaixo volven esta semana cun programa marcado...

As Festas da Rúa de Abaixo volven esta semana cun programa marcado polo cinema

Publicado o

Xornal de Compostela

As Festas da Rúa de Abaixo, hoxe coñecida como Rúa do Espírito Santo, celebraranse desde este mércores 3 ata o domingo 7 de setembro, convertendo de novo o Barrio das Marías nun dos focos festivos de Compostela. O programa, organizado pola Asociación Veciñal As Marías, inspírase este ano no mundo do cinema e inclúe propostas para todas as idades.

O mércores 3, os máis pequenos poderán gozar dun obradoiro de cabezudas ás 18:00 e dunha sesión de cinema infantil ás 21:00. O xoves 4, a festa trasladarase aos bares do barrio, onde diferentes grupos percorrerán os establecementos cos tradicionais cantos de taberna.

A fin de semana marcará os días grandes. O venres 5 está reservado para a noite de música tradicional, coa participación dos grupos Silva Redonda e Faíscas da Pontagra, que actuarán desde as 22:30 na propia rúa.

O sábado 6 abrirase con alboradas e charanga, seguidas da volta ciclista ao barrio organizada por Composcleta, con saída ás 12:00 desde a Pastoriza. A partir de entón sucederanse algunhas das citas máis destacadas: o pregón de Adriana Pérez Villanueva, profesional do audiovisual vinculada ao barrio; a sesión vermú con Eva e Camilo; o xantar popular con pulpo e empanadas; e a xa consolidada proposta do bingo musical ás 17:00. A tarde continuará coas actividades infantís Ferro a fondo! (18:30) e o concerto de Cé Orquesta Pantasma (19:30). Pola noite, desde as 22:00, celebraranse novos concertos e o concurso do ‘Baile do faroliño’, unha das tradicións máis recoñecidas destas festas.

O domingo 7 porase o ramo á programación coa celebración do campeonato de chave (11:00, nº 2 da Rúa dos Basquiños) e o concerto da Banda de Música de Visantoña (13:00, na fonte da Rúa de Abaixo).

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here