InicioCULTURAO Espazo Apego retoma en setembro as actividades para a infancia

O Espazo Apego retoma en setembro as actividades para a infancia

Merendolas, contos, xogos e espectáculos en galego centrarán a programación do novo curso

Publicado o

Xornal de Compostela

O Espazo Apego de Santiago inicia en setembro un novo curso de actividades dirixidas á infancia e ás familias, cun programa que combina xogo, creatividade e cultura para favorecer a socialización en galego.

A programación semanal abrangue diferentes propostas. Os luns, baixo o título A lingua medra, haberá sesións arredor do xogo, a ciencia, a psicomotricidade e a cociña, entre as 17:00 e as 19:00, para nenos e nenas de 2 a 6 anos. En setembro destacan dúas citas do espazo Merendolas: a primeira o día 1, cunha actividade de elaboración de animaliños con uvas e mazás, e a segunda o día 29, con tartaletas de verduras de tempada.

Os martes chegan as Tardes de contos, cun dobre horario segundo as idades: de 17:00 a 18:00 para 0-3 anos e de 18:15 a 19:15 para 3-6 anos. A actividade desenvolverase arredor dun tema mensual e fomenta a aprendizaxe de vocabulario a través da narración.

Os mércores será a quenda de Enredando e lingoretando, con xogos libres ou guiados que buscan fortalecer a socialización en galego. Haberá dous grupos, un para 3-6 anos sen acompañamento dunha persoa adulta e outro para 0-3 con acompañamento, ambos en horario de 17:00 a 19:00.

Ademais, dous xoves ao mes prográmase Tachán!, con espectáculos infantís. O día 11 de setembro Marta Ortiz e Brais das Hortas presentarán Onde nace a lingua (para 2-6 anos), unha proposta que combina narración, xogos fonéticos, cantos e explicacións filolóxicas. O día 25 será a quenda de Sole Felloza con Contiños e xogos de Lup (para 0-4 anos), centrado en contos, trabalinguas e xogos de proximidade.

Todas as actividades requiren inscrición previa mediante formulario en liña, e as prazas confírmase por correo electrónico unha vez rematado o prazo.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here