InicioCULTURAO sector cultural compostelán recibe preto de 266.000 euros en subvencións municipais

O sector cultural compostelán recibe preto de 266.000 euros en subvencións municipais

Once entidades profesionais e catro asociacións recibirán axudas para proxectos artísticos e culturais ata outubro de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellaría de Capital Cultural, dirixida por Míriam Louzao, aprobou a concesión de preto de 266.000 euros en subvencións para actividades culturais de entidades profesionais e asociacións compostelás.

Segundo informou o Concello, a Xunta de Goberno Local deu luz verde este luns á repartición de fondos que benefician a once entidades profesionais cun total de 250.000 euros e a catro asociacións, que recibirán en conxunto 15.830,67 euros.

Entre as axudas concedidas ás entidades profesionais destacan as partidas de 45.000 euros para Work On Sunday, Nordesía Produccións e Music Arte Rey Saavedra. Outros beneficiarios son Títeres Cachirulo (30.000), Correveydile (15.000), Magia en la Manga (15.000), Casta Diva (15.000), Fausto Deseño Asociados (15.000), Ilusiones Mágicas (12.160), Fundación SGAE (6.877,85) e Noente Paradise (5.962,15).

No apartado asociativo, recibirán apoio a Asociación medioambiental e cultural ‘A pedra que fala’ (1.179,09), a Asociación Cultural Barriga Verde (5.000), a Asociación Cultural Musical de Antiguos Tunos Compostelanos (4.869,58) e a Nova Escola Galega (5.000).

As subvencións cobren ata un 80% do orzamento das actividades. O importe máximo establécese en 5.000 euros para asociacións e en 45.000 para festivais profesionais, mentres que outras actividades profesionais poden recibir ata 15.000 euros.

Louzao salientou que estas axudas buscan “dinamizar a vida cultural no concello e apoiar a diversidade de proxectos”, garantindo unha programación variada que abranga música, teatro, exposicións, cine, fotografía, conferencias, performances e outras propostas abertas ao público.

Entre as novidades da convocatoria figura un procedemento máis sinxelo: só será necesario xustificar os gastos subvencionables, elimínase a categoría independente de persoal, os custos indirectos aumentan do 10 ao 15% e actualízanse os límites de aloxamento, manutención e desprazamento. Ademais, os baremos foron revisados para maior claridade e establécense consecuencias en caso de incumprimento.

As actividades apoiadas deberán realizarse entre o 1 de xaneiro e o 20 de outubro de 2025, e a súa xustificación terá que presentarse antes do 25 de outubro de 2025.

ÚLTIMAS

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Crujeiras aposta por unha alianza estratéxica co empresariado para o impulso de Galicia

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras, fixo un chamamento...

Dolores Vilavedra toma posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega e marca como reto reforzar os dereitos culturais

Dolores Vilavedra tomou posesión este venres como nova presidenta do Consello da Cultura Galega...

Carlangas presentará no ‘Atardecer no Gaiás’ o seu terceiro disco en solitario

Carlangas inaugura este xoves, ás 20.00 horas, unha nova edición de 'Atardecer no Gaiás',...

Sanmartín destaca a proxección internacional do Premio Compostela para Álbums Ilustrados, que recibe 265 obras de diferentes países

O XIX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados xa ten obra gañadora. A alcaldesa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here