InicioCULTURAO Fechiño celebra a súa cuarta edición cunha aposta pola cultura rupestre...

O Fechiño celebra a súa cuarta edición cunha aposta pola cultura rupestre e o encontro veciñal

O festival desenvolverase os días 5, 11 e 12 de xullo en San Xoán de Fecha con roteiros, concertos e actividades para toda a familia

Publicado o

Xornal de Compostela

A parroquia compostelá de San Xoán de Fecha acollerá nas vindeiras semanas a cuarta edición de O Fechiño. Festival Rupestre e de Proximidade, unha iniciativa impulsada por aCentral Folque en colaboración con diversas asociacións e colectivos culturais da zona. O festival desenvolverase en tres xornadas diferenciadas: o sábado 5 de xullo, o venres 11 e o sábado 12, cunha programación que combina a divulgación do patrimonio rupestre, a música, a creación literaria e o encontro comunitario.

A primeira xornada, o 5 de xullo, comezará ás 18:00 cun serán diverso no Santuario de Belén, conducido por Xavi Castaña e as Pandereteiras da A. X. Regueifa do Val do Dubra. A partir das 21:30, o Colectivo A Rula guiará unha visita nocturna á coñecida Pedra que fala, un dos elementos máis singulares da arte rupestre local, e xa de noite, ás 23:30, Antón Bouzas ofrecerá unha sesión de astronomía cultural, poñendo en relación o ceo coas tradicións e a paisaxe.

O venres 11 de xullo, a actividade trasladarase ao Monte Espiñeira, cunha ruta en bicicleta titulada ‘Os canóns do Tambre’, entre as 17:00 e as 19:00, seguida dunha visita ao conxunto rupestre da zona, tamén da man do Colectivo A Rula, que se desenvolverá entre as 19:00 e as 21:00.

A derradeira xornada, o sábado 12 de xullo, será a máis completa, con programación durante todo o día. Pola mañá, entre as 10:30 e as 14:00, o Clube Espeleolóxico Maúxo conducirá un roteiro rupestre sonoro, mentres que ás 11:00 o músico e divulgador Xurxo Souto ofrecerá a súa actuación O Berro Seco. Xa no Campo da Festa de Lamascal, terá lugar o tradicional xantar popular ás 14:30, seguido da entrega do Fechiño de Honra, que nesta edición recoñece a traxectoria de Aurora de Freira.

A programación da tarde incluirá tamén a proposta poético-musical ‘Todas as formigas percorréndome en mandas’, a cargo de Alba María e Andrea Nunes Brións, e un baile assalto con Montse Rivera, ás 18:30. En paralelo, ás 17:00, arrincará dende San Xoán de Fecha un novo roteiro titulado ‘Tres fortalezas para tres tempos’, guiado polo historiador e divulgador Manuel Gago, que culminará en Fontoade, atravesando Castromaior.

A xornada e o festival pecharanse de novo no Campo da Festa, con dous concertos a partir das 21:00: o grupo Abril e, a continuación, Tres Pesos.

O Fechiño é unha proposta que nace da colaboración entre aCentral Folque e entidades como a asociación ambientalista A Pedra que fala, o Clube Espeleolóxico Maúxo, o Colectivo Cultural A Rula, así como as asociacións veciñais de San Xoán de Fecha, Santa Cristina de Fecha e Montelongo, co apoio da Concellaría de Capital Cultural do Concello de Santiago de Compostela. A iniciativa busca fomentar o coñecemento do territorio, a participación comunitaria e o goce cultural en espazos de especial valor patrimonial.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here