InicioCULTURAA Intelixencia Artificial resucita a Castelao no Gaiás

A Intelixencia Artificial resucita a Castelao no Gaiás

Preséntase este percorrido que "atravesa o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis singulares da historia de Galicia" da man da Intelixencia Artificial, que permite traer a Castelao ao século XXI

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo Centro Gaiás acollerá desde o próximo 26 de xuño a exposición ‘Castelao. Mirar por Galicia’, a experiencia tecnolóxico-cultural “máis avanzada ata o momento” ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de cuxo falecemento se cumpre este ano o 75 aniversario, efémeride que se aproveita para celebrar o Ano Castelao.

Neste contexto, preséntase este percorrido que “atravesa o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis singulares da historia de Galicia” da man da Intelixencia Artificial, que permite traer a Castelao ao século XXI.

A instalación incluirá, ademais de obxectos e debuxos orixinais, unha experiencia inmersiva con videoproxección cúbica e son cadrafónico: un resumo do periplo vital e creativo de Castelao, relatado en primeira persoa, que presenta unha selección de obras do autor dotadas de vida mediante técnicas de animación 3D e intelixencia artificial nunha recración artística do seu espírito creativo, “sen perder o rigor documental no relato”.

Ademais, poderase escoitar a voz do intelectual a partir dun proceso que une o traballo de actores e locutores profesionais, a aplicación de tecnoloxía de intelixencia artificial e o único documento sonoro conservado da voz de Castelao: a mensaxe que gravou en fonopostal na Central de Correos de Buenos Aires pola estrea de ‘Os vellos non deben de namorarse’ en Montevideo en 1941.

O proxecto contou coa asesoraía e dirección histórico-artística do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane.

A produción recaeu no estudo Maxina, empresa galega especialista no deseño de efectos visuais, animación 3D, visualización e experiencias inmersivas, fundada polos irmáns Noela e Carlos Seijo.

A ÉTICA E A IA

A exposición presentouse este martes en rolda de prensa coa presenza dos responsables e do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

Seijo explicou que o obxectivo da mostra é “recrear unha viaxe” pola vida de Castelao, que “sentiremos ao noso lado” grazas ás novas tecnoloxías.

A este respecto, destacou que non buscan “suplantar” ao intelectual rianxeiro, senón facer unha recreación o máis realista posible. Nesta mesma liña, e sobre os debates recentes que está a xerar a utilización da Intelixencia Artificial, apelou a facer destas unha utilización ética.

“É importante coller a testemuña ás novas tecnoloxías e engadir o noso coñecemento e ética para achegar o noso control. É a única maneira de tender pontes desde a memoria ao futuro”, destacou.

Pola súa banda, Miguel Anxo Seixas remarcou o “ambicioso” e “valente” da exposición, “feita aquí en Galicia, ademais”. Subliñou tamén a importancia de que o galego estea presente nas novas tecnoloxías.

CASTELAO, “REFERENTE DUNHA GALICIA ORGULLOSA DE SI MESMA”

Por último, o conselleiro agradeceu a todos os implicados o seu traballo nunha idea tan complexa e puxo o foco, como outros dos intervenientes, nos retos que presenta a IA.

“Quen nos ía a dicir que a tecnoloxía, co que ás veces nos preocupamos polo seu desenvolvemento, íanos a permitir soñar cun proxecto destas características?”, sinalou.

Ante ese debate social “inevitable”, López Campos apela á utilización responsable da tecnoloxía. “Non podemos vivir de costas a esa realidade nin entregar ese espazo. Pasou o mesmo con Internet e ao final deunos moitas oportunidades”, lembrou, pondo o foco na ética coa que se achegue un a este tipo de ferramentas.

Así mesmo, considera que o gran éxito da exposición será achegar á Castelao a esas novas xeracións que non coñeceron a súa figura, facéndoo ademais cunha iniciativa “atractiva para eses públicos que poden ser reticentes a proxectos máis tradicionais”.

“Vainos a permitir sentirnos moito máis preto del, dunha figura que é un referente para todos os galegos. Dunha Galicia orgullosa das súas raíces, da súa cultura, a súa tradición e a súa lingua, que quere mirar cara adiante. E a través de Castelao temos que transmitirlle iso ás próximas xeracións”, animou.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here