InicioCULTURAAs Tanxugueiras enchen a Quintana no día grande das Festas da Ascensión

As Tanxugueiras enchen a Quintana no día grande das Festas da Ascensión

O trío protagonizou o concerto central da xornada festiva do xoves, marcado tamén pola Feira Cabalar, a música de rúa e a tradicional presenza dos Cabezudos

Publicado o

Xornal de Compostela

Tanxugueiras protagonizaron este xoves 29 de maio o momento máis esperado do día grande das Festas da Ascensión en Santiago de Compostela, cun concerto multitudinario na Praza da Quintana que obrigou a pechar o acceso ante o desbordamento de público. A actuación do trío, composto por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, volveu confirmar a súa conexión co público local, tres anos despois da súa última presenza no mesmo escenario durante a reapertura das festas tras a pandemia.

O concerto, que comezou ás 21:00 horas, incluíu momentos emotivos e colaboracións especiais, como a interpretación conxunta de Ghatiña mansa xunto ao dúo Caamaño & Ameixeiras, unha das sorpresas da noite. O trío fixo tamén unha chamada explícita á defensa da lingua galega e ao valor das súas raíces musicais: “Falade galego, loitemos por el”, proclamaron desde o escenario, tras agradecer o apoio do público e reivindicarse como cantareiras.

Durante o día, a cidade viviu unha intensa programación marcada pola tradición, a música e a participación cidadá. A xornada comezou coas notas da Alborada da A.C. Devagariño, que deron paso ao concerto da Banda Municipal de Música acompañada da OCT Ultreia ao mediodía na Quintana. A Feira Cabalar no recinto de Amio foi outro dos puntos álxidos da mañá, cunha gran afluencia de visitantes e competicións puntuables para a Copa Galicia da pura raza galega.

Pola tarde, o protagonismo pasou á música folk nas rúas do casco histórico, con actuacións de agrupacións tradicionais como Brincadeira, Cantigas e Agarimos ou a Colexiata de Sar, que levaron os seus ritmos polas prazas de Santo Agostiño, Toural ou Obradoiro, até reunirse en Praterías nunha actuación conxunta. En paralelo, a Real Filharmonía de Galicia actuaba no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas, ofrecendo unha alternativa de corte clásico nunha xornada dominada pola diversidade musical.

Os Cabezudos volveron converterse nun reclamo interxeracional que percorreu as rúas da zona vella seguidos por crianzas e familias, nun desfile que mantén viva unha das tradicións máis queridas destas festas. O polbo, coma sempre, foi protagonista nas casetas da Alameda, onde non faltaron representantes de todas as forzas políticas, desde membros do goberno municipal ata líderes da oposición.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here