InicioCULTURA(VÍDEO) Falta de artistas recoñecidos e escasa visibilidade, principais críticas á Ascensión...

(VÍDEO) Falta de artistas recoñecidos e escasa visibilidade, principais críticas á Ascensión deste ano

A programación da Ascensión 2025 sorprende por discreta: isto é o que opina a xente nas rúas de Santiago

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

As Festas da Ascensión 2025 chegan a Santiago con música, tradición e unha programación que, porén, xerou certa polémica. A escasa antelación na publicación do cartel —apenas dúas semanas antes do inicio— e a ausencia de concertos na Praza do Obradoiro son algúns dos aspectos que teñen chamado a atención da veciñanza.

O Concello optou por non incluír eventos no Obradoiro, posiblemente debido ás críticas recibidas tras o concerto da orquestra Panorama o pasado ano, cando se rexistraron danos no pavimento pola montaxe do escenario e preocupacións polo impacto acústico nun espazo patrimonial tan sensible.

Ao saír á rúa para recoller opinións, atopamos que moitas persoas descoñecían o programa das festas. A falta de carteis informativos nas rúas foi unha das principais queixas, sinalando unha deficiente difusión dos eventos.

En comparación co ano pasado, a programación deste ano é percibida por algúns como menos atractiva, a pesar de contar con actuacións destacadas como a das Tanxugueiras na Praza da Quintana. A percepción xeral é que a organización podería mellorar en termos de comunicación e planificación para garantir unha maior participación cidadá.

Para coñecer de primeira man as opinións da veciñanza sobre estas festas, saímos á rúa e recollimos as súas impresións nun vídeo que podedes ver a continuación:

Un traballador de limpeza na Alameda describía o programa como “moi malo”, asegurando que “non hai orquestras boas” e que “ao nivel de Santiago, nada”. Lamentaba tamén que outras localidades veciñas “como A Coruña ou Sigüeiro” estean a programar actuacións máis atractivas.

Na mesma liña se expresaban varias mozas entrevistadas tamén no parque da Alameda, que cualificaban o cartel de “pobre” en comparación con edicións anteriores. “Só coñecemos ás Tanxugueiras”, dicían, sinalando que o resto dos nomes non lles resultaban familiares. “O ano pasado houbo a Panorama e outras orquestras, pero este ano nada”, criticaban, e propoñían recuperar formacións como París de Noia, El Combo Dominicano ou Satélites, que consideran máis animadas e populares.

Outro grupo de rapazas amosaba desinterese polo programa musical e recoñecía que non vira apenas publicidade sobre os concertos. “Se houbese cantantes máis coñecidos, como Rosalía, Quevedo ou Aitana, seguro que iríamos”, afirmaban. Tamén indicaban que non chegaran a ver o cartel completo, e que os nomes presentes non lles chamaran a atención.

Pola súa banda, un home entrevistado no mesmo espazo valoraba positivamente a oportunidade de descubrir grupos novos, pero botaba en falta algunha figura de referencia que servise de reclamo principal. “Estaría ben que houbese alguén máis coñecido para atraer xente, e logo coñecer aos demais artistas”, explica. Este veciño tamén salienta a falta de visibilidade do programa, asegurando que só vira información a través dun PDF compartido en redes sociais. “Non vin carteis nin publicidade pola cidade, e iso pode ser un problema”, concluía.

A pesar das críticas, tamén houbo quen destacou o valor de dar espazo a novas propostas musicais. “Está ben que non sexan todos artistas consolidados. Se non os coñecemos, mellor motivo para ir velos, que despois igual son os nomes que están en todos lados”, indicaba o mesmo home, mencionando exemplos de artistas que medraron tras pasar pola Ascensión.

ÚLTIMAS

O Concello executará obras no CEIP Quiroga Palacios e destina 300.000 euros ao mantemento dos centros escolares

A concelleira de Educación de Santiago, Míriam Louzao, presidiu este xoves unha nova sesión...

O Obradoiro acolle un acto en memoria das 66.519 persoas refuxiadas falecidas nos últimos tres anos

A Praza do Obradoiro foi escenario este xoves da conmemoración do Día Mundial das...

A cidade histórica perde comercio de barrio mentres medra o negocio turístico: os datos que explican a nova regulación en Santiago

A nova normativa urbanística aprobada inicialmente polo Concello de Santiago chega nun momento crítico...

Crearanse máis de 200 novas vivendas de promoción pública en Ames

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este venres...

Boyanka Kostova, Lua de Santana e 9Louro actúan este sábado en Santiago no Festival Acento

O Festival Acento volve este sábado 21 de xuño á terraza da sede da...

Santiago impulsa o programa ‘Compostela Convive’ para fomentar a convivencia intercultural

O Concello de Santiago presentou este martes unha nova edición do programa 'Compostela Convive',...

Xa están á venda as entradas para o WOX Festival no mes de setembro

O evento WOS Festival x SON Estrella Galicia de cultura contemporánea celebrará a súa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here