InicioCULTURABragado reivindica en Santiago o papel de Vigo como motor cultural de...

Bragado reivindica en Santiago o papel de Vigo como motor cultural de Galicia

O escritor e editor reflexionará no Ateneo sobre a cidade olívica e as relacións entre localismo e identidade nacional

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago será escenario o vindeiro luns, 26 de maio, ás 19.30 horas, da conferencia ‘Rompendo as barreiras do localismo: Vigo en Santiago’, protagonizada polo escritor, editor e mestre Manuel Bragado, quen abordará os desafíos e oportunidades do diálogo entre o local e o nacional desde a experiencia da cidade olívica. O acto, que terá lugar na sede do Ateneo na Rúa do Vilar, 19, está organizado en colaboración coa Federación de Ateneos de Galicia.

A intervención de Bragado, coñecido polo seu compromiso coa divulgación cultural e educativa galega, centrarase na análise dos vínculos e friccións entre o localismo e a identidade nacional galega, tomando como caso de estudo a cidade de Vigo. A partir da súa experiencia como autor, articulista e promotor de proxectos culturais, ofrecerá unha lectura da historia recente da cidade desde unha perspectiva social e literaria, na que afondará no seu papel como motor cultural do país.

O relator propón con esta charla un exercicio de descentralización do relato galego, poñendo sobre a mesa a necesidade de superar dinámicas que historicamente separaron ou opoñeron os diferentes centros urbanos de Galicia. Neste sentido, convidará a reflexionar sobre as relacións entre Vigo e Santiago, dúas cidades con traxectorias propias mais chamadas a cooperar nun marco común de país.

Manuel Bragado (Vigo, 1959) conta cunha longa traxectoria no sector cultural galego. Durante máis de dúas décadas dirixiu Edicións Xerais de Galicia, e na actualidade continúa vinculado ao ensino como orientador escolar, ademais de manter unha activa produción ensaística e xornalística. Entre as súas obras máis recentes destacan Vigo, puro milagre (2019) e Vigo, abella da ribeira (2023), nas que aborda con fondo coñecemento e paixón o pasado e presente da cidade viguesa. Tamén é autor do blog Brétemas, unha referencia na análise da actualidade cultural e educativa en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here