InicioCULTURAA Federación de Ateneos programa unha homenaxe a Castelao e un ciclo...

A Federación de Ateneos programa unha homenaxe a Castelao e un ciclo para combater o localismo

A xuntanza de Santiago serviu para pechar os actos do 14 de xuño en Rianxo e lanzar o ciclo 'Rompendo as barreiras do localismo'

Publicado o

Xornal de Compostela

A Federación de Ateneos de Galicia reuniuse o pasado xoves 15 de maio en Santiago de Compostela nun encontro no que participaron representantes dos Ateneos de Santiago, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Ourense e Moaña. O encontro serviu para ultimar os preparativos da homenaxe a Castelao, prevista para o 14 de xuño en Rianxo, así como para presentar un novo ciclo de conferencias que busca tender pontes entre cidades galegas.

A homenaxe a Castelao, encadrada nas celebracións do Ano Castelao, comezará cunha recepción oficial do alcalde de Rianxo ás entidades participantes. O programa inclúe unha visita guiada polos espazos vinculados ao autor en Rianxo, unha ofrenda floral diante da súa escultura, e un recital poético titulado ‘Castelao sempre’, no que participarán autoras e autores como Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Xaime Toxo, Xabier Paz e Luísa Abad, entre outros. O encontro pecharase cun xantar de confraternidade, unha foliada con música tradicional galega e un cántico colectivo da ‘Rianxeira’.

A xuntanza da Federación tamén serviu para presentar o ciclo ‘Rompendo as barreiras do localismo’, co que se pretende promover o recoñecemento mutuo entre cidades galegas, combatendo visións de competencia e reivindicando as súas singularidades. A iniciativa comezará o 26 de maio nos Luns do Ateneo en Santiago, coa charla ‘Vigo en Santiago’, a cargo do escritor e editor Manuel Bragado. Continuará o 28 de maio en Pontevedra, con Xerardo Estévez, exalcalde compostelán, falando de ‘Santiago en Pontevedra’; o 3 de xuño en Vigo, con Bieito Iglesias abordando ‘Ourense en Vigo’; e o 6 de xuño en Ourense, onde o historiador Guillermo Llorca ofrecerá unha conferencia sobre ‘Ferrol en Ourense’.

A seguinte xuntanza da Federación de Ateneos de Galicia celebrarase na segunda quincena de setembro en Ourense, onde se retomarán as propostas de actividades debatidas neste encontro de Santiago. A entidade continúa así a súa aposta pola cooperación cultural e a interacción entre os diferentes Ateneos do país.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here