InicioCULTURAA Romaría das Flores trae música, lecer e gastronomía ao Parque de...

A Romaría das Flores trae música, lecer e gastronomía ao Parque de Belvís

A primeira edición da Romaría das Flores revive o espírito da Romaría Pop con actividades para todos os públicos e concertos en directo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Romaría das Flores, que se celebrará o próximo sábado 31 de maio no Parque de Belvís, estará marcada por unha xornada chea de música en directo, actividades para todos os públicos e unha ampla oferta gastronómica. Esta nova cita popular nace como continuación do espírito da popular Romaría Pop, que na súa última edición rematou hai dez anos. A primeira edición da Romaría das Flores fixo revivir o carácter festivo e inclusivo das anteriores, coa variedade musical como gran atractivo.

Durante a xornada, os asistentes poderán gozar de diversos concertos cunha mestura de sonoridades e estilos. Un dos momentos máis destacados será a actuación da nova banda Tona, que ofrece un repertorio de ‘música da ribeira’. A banda, composta por acordeón, trikitixa, batería, baixo e a voz de Miguel Cernadas (do grupo Terbutalina), presentará a súa proposta de mestura de sons populares e reinventados. Antes deles, tamén se presentará o grupo compostelán Ulex, que estreou o seu primeiro disco, ‘Lonxe de ti’, co seu estilo de rock con influencias cumbieiras.

A tarde contará con propostas que fusionan tradicións e novas sonoridades. A primeira delas é a intervención de Yeli, Yeli, o proxecto do cantaor Álvaro Romero, que mestura flamenco, kuduro e electrónica, chegando dende Cádiz. A banda De Ninghures, outro referente da escena musical galega actual, presentará o seu novo disco ‘Feira’, un espectáculo fresco e innovador.

Xa ao final da tarde, o power pop das francesas Alvilda porá a bailar ao público cunha mestura de melodías luminosas e guitarras punk, e o cuarteto italiano The Peawess dará fin aos concertos con garaxe rock, facendo gala dos seus 20 anos de traxectoria e consolidándose como unha das bandas de referencia no ámbito europeo.

O Parque de Belvís tamén disporá dun espazo de lecer para os máis pequenos, dinamizado por Xogos Miudiño, e despois do xantar, os asistentes poderán gozar do concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here