InicioCULTURA(AXENDA): opcións para facer en Santiago ata o 14 de abril

(AXENDA): opcións para facer en Santiago ata o 14 de abril

A cidade ofrece espectáculos, festas gastronómicas, música e diferentes actividades familiares en distintos espazos

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Do deporte urbano á escena galega máis actual, pasando polas festas de barrio e os espectáculos familiares, esta fin de semana Compostela ofrece unha axenda cultural que mestura estilos, formatos e públicos. Tanto se buscas unha verbena como un concerto íntimo, hai onde escoller.

FESTAS E EVENTOS

VI Festa Gastronómica da Cabra: Esta celebración terá lugar no lugar de O Eixo, na parroquia de Santa Lucía, os días 5 e 13 de abril. O sábado 5, a partir das 17:30 horas, haberá exhibición de motos, chourizada de balde e actuacións da disco móbil La Gramola e o grupo Zona Zero. O domingo 13 celebrarase o xantar popular ás 14:00 horas con empanada, polbo, cabra con patacas, sobremesa, queimada e música en directo de Laura Ocampos. A festa continuará coa disco móbil Chocolate e a orquestra Panorama. O menú custa 35 € para maiores de 12 anos, 20 € para nenos/as de 6 a 12 e é de balde para menores de 6.

Cartaz da 6º Festa Gastronómica da Cabra – Páxinasgalegas.es

MÚSICA

Xoel López – ‘Caldo Espírito’ en directo: O sábado 12 e domingo 13 de abril, a Sala Capitol acollerá dous concertos de Xoel López dentro da súa nova xira por salas, marcada por un formato máis íntimo e próximo ao público. O músico presentará o seu álbum ‘Caldo Espírito’ (2023) xunto con temas emblemáticos da súa traxectoria. As localidades están esgotadas por vía telemática. 

Xoel López en concerto – Cultura.gal

TEATRO E ESPECTÁCULOS

Vaiana – Musical familiar: O sábado 12 de abril ás 18:00 horas, o auditorio do Colexio La Salle acollerá o musical infantil ‘Vaiana’, baseado na coñecida historia da valente moza da illa de Motonui. A protagonista embarcarase nunha viaxe polo océano para recuperar o corazón da deusa Te Fiti co apoio do semideus Maui e a súa avoa Tala. O espectáculo está dirixido a público infantil e familiar e é unha boa opción cultural mesmo en días de choiva. As entradas están dispoñibles en ATaquilla.com.

‘Vaiana’ – Cultura.gal

INFANTIL

Playmobil Compostela: Do martes 8 de abril ao venres 9 de maio, o Centro Comercial Área Central acollerá a exposición ‘Playmobil Compostela’, con catro dioramas artesanais que recrean escenas como un aeroporto, un camping, o desembarco de Catoira e un porto comercial do século XVIII. Ademais, os días 12-13 e 26-27 de abril celebraranse dúas feiras comerciais con expositores de toda España, abertas de 10:00 a 21:00 horas. A mostra ten fin solidario, cunha urna para doazóns a proxectos de Playmogalicia. A entrada é libre e para todos os públicos.

Playmobil Compostela’ en Área Central – Concello de Santiago de Compostela

DEPORTE

Primeira FEB: Monbus Obradoiro – Palencia Basket: O sábado 12 de abril ás 18:30 horas disputarase no pavillón Fontes do Sar o encontro entre o Monbus Obradoiro e o Palencia Basket, correspondente á Liga Primeira FEB. Ambos equipos chegan empatados en vitorias e puntos nun duelo clave a seis xornadas do final da fase regular. A cita promete intensidade entre dous conxuntos reforzados e en bo momento de forma. As entradas poden adquirirse na web oficial do Monbus Obradoiro e na billeteira do recinto.

 

Monbus Obradoiro – Cultura.gal

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here