InicioCULTURAO Encontro Universitario de Danza levará ao Teatro Principal as creacións das...

O Encontro Universitario de Danza levará ao Teatro Principal as creacións das tres universidades galegas

O EUD celebrarase os días 8 e 9 de abril en Santiago cun programa que conxuga expresión artística, sustentabilidade e formación

Publicado o

Xornal de Compostela

O Teatro Principal de Santiago de Compostela converterase os días 8 e 9 de abril nun espazo de exhibición e encontro da danza contemporánea universitaria coa celebración da 23 edición do Encontro Universitario de Danza (EUD), unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que contará coa participación das tres universidades públicas galegas.

No marco da Primavera Cultural da USC, o EUD presentarase como un espazo para o intercambio artístico entre a Compañía de Danza da USC, a Aula de Danza da Universidade da Coruña e a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, cun programa de entrada libre e gratuíta dirixido tanto á comunidade universitaria como ao público xeral.

A programación comezará o luns 8 de abril ás 20:30 horas, coa actuación da Universidade da Coruña, que estreará a peza hyphē, unha creación colectiva con mediación de Javier Martín. A continuación, será a quenda da Compañía de Danza da USC, que presentará REDes, unha montaxe que une aos grupos de danza dos campus de Santiago, Lugo e Sen Vergoña, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera e coreografía de Rosa Acuña.

O martes 9 de abril, tamén ás 20:30, subirá ao escenario a Aula de Danza da Universidade de Vigo con Máis tarde, cá cedo, unha obra coreografada por Ainoa Linaza e dirixida por Nuria Sotelo. Pechará o encontro unha nova representación de REDes, completando así dous días de propostas coreográficas que reflicten o potencial creativo da mocidade universitaria galega.

A peza REDes destaca pola súa concepción colaborativa e o compromiso coa sustentabilidade, xa que o vestiario foi confeccionado con redes recicladas doadas por colectivos mariñeiros como as Redeiras de Aguiño e de Cangas do Morrazo. O traballo complétase cun audiovisual de Iria Estévez e poesía de Sabela Rodríguez, e conta cun elenco de dezaseis intérpretes que representan a diversidade de perfís presentes na vida universitaria.

O Espazo de Danza da USC, organizador do evento, naceu como un laboratorio pioneiro de danza contemporánea e ao longo de dúas décadas consolidouse como referente a nivel estatal, cunha traxectoria que inclúe máis de 300 representacións e 40 montaxes propias. O seu obxectivo é ofrecer un complemento formativo e cultural para o estudantado, así como abrir a universidade ao diálogo coa sociedade a través da creación artística.

ÚLTIMAS

Diego Adrián Mallo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN para 2027

Diego Adrián Mallo presentou este sábado de maneira oficial a súa candidatura á Alcaldía...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Ryoichi Kurokawa volve a Curtocircuíto cun programa de concertos audiovisuais que conecta son, imaxe e tecnoloxía

Curtocircuíto reforzará nesta edición a súa liña dedicada á creación audiovisual en directo cunha...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Un percorrido polo simbolismo das estatuas do Mestre Mateo

Dúas estatuas repousan hoxe, senlleiras, no Museo do Pobo Galego. Abraham e Isaac —ou...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here