InicioCULTURA(AXENDA) Fin de semana completa en Santiago con música, escena e tradición

(AXENDA) Fin de semana completa en Santiago con música, escena e tradición

Santiago énchese de cultura nesta fin de semana con programación variada en distintos espazos da cidade

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández
  • FESTAS E EVENTOS

Festa da Uña de San Lázaro: Do sábado 5 ao luns 7 de abril, o barrio de San Lázaro celebra unha das festas máis tradicionais da cidade, cun marcado carácter relixioso e gastronómico arredor das típicas uñas de porco. O sábado haberá alboradas, pasarrúas e sesión vermú co grupo Fussión, misa solemne ás 19:30 horas e verbena a cargo de París de Noia. O domingo continúan as misas desde as 9:00, procesión ás 12:30, nova sesión vermú e verbena coa formación Cayena. O luns terá lugar a tradicional subasta das uñas ás 11:35 horas, e pola noite actuará a orquestra Olympus tras a disco móbil. Todas as actividades son de balde e para todos os públicos.

Cartaz da programación das Festas da uña de San Lázaro – Paxinasgalegas.gal
  • MÚSICA

Festival Jaleo: O sábado 5 de abril, o Multiusos do Sar acollerá a primeira edición do Festival Jaleo, unha cita musical que reunirá a artistas de ámbito estatal e novos talentos. No cartel figuran nomes como Viva Suecia, Zahara, Sexy Zebras, Carlos Ares, Dani Dicostas e David Van Bylen. As entradas están dispoñibles dende 25 euros a través da plataforma Enterticket e o evento está dirixido a público adulto.

Cartaz do festival Jaleo – Festivaljaleo.com
  • TEATRO E ESPECTÁCULOS

Tromsø: O venres 4 de abril, o Teatro Principal acollerá ás 20:30 horas a representación de ‘Tromsø’, unha obra da compañía Morraoconto recomendada para maiores de 16 anos. A peza propón unha reflexión en clave de humor sobre a perda, a memoria e a esperanza, a través dunha viaxe simbólica polos mares do norte. Conta con música en directo e incluirá unha posfunción ao remate da función. As entradas teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse na web de Compostela Cultura ou na billeteira do teatro.

Cartaz ‘Tromsø’ – Compostelacultura.gal
  • INFANTIL

Carapuchiña: O sábado 5 de abril ás 12:00 horas, a Biblioteca Pública Ánxel Casal acollerá o espectáculo ‘Carapuchiña’, da compañía Pedras de Cartón, dentro do ciclo polo Día da Literatura Infantil e Xuvenil. A obra, dirixida a público familiar, reinventa o conto clásico a través do teatro de obxectos e unha linguaxe case sen palabras, ambientada nunha panadaría tradicional. A función, protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado, mestura elementos de varios contos populares. A entrada é de balde ata completar a capacidade do salón de actos.

Cartaz da obra infantil na biblioteca Ánxel Casal – Cultura.gal
  • DEPORTE

Os 10000 Peregrinos 10k: O sábado 5 de abril celebrarase en Santiago de Compostela a terceira edición desta proba de atletismo en ruta. O evento inclúe carreiras de 10 km, 5 km e 2 km, con saídas ás 18:00, 19:30 e 17:30 horas respectivamente, todas desde a rúa San Francisco e meta na Praza do Obradoiro. Tamén se realizará unha andaina de 4 km, que comezará ás 19:35 horas. As inscricións son de balde para todas as modalidades e poden realizarse a través da web oficial do evento. 

Cartaz ‘Os 10000 Peregrinos 10k’ – Paxinasgalegas.es

 

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here